Artigos de Pablo Vaamonde

A saúde da muller en tempo de crise

Todo o que era sólido está en risco. Os dereitos laborais, a sanidade e a educación, a protección dos parados, os discapacitados e os dependentes: ao amparo da crise -que eles mesmos provocaron-, os voitres da especulación financeira e os seus cómplices da política están procedendo a unha expropiación dos nosos dereitos cívicos. Hai intereses poderosos empeñados, con axuda dos seus sicarios políticos, “en desbaratar o modelo de benestar social europeo, de modo que a saúde, a educación, as pensións e os servizos públicos se convertan en fabulosas posibilidades de negocio” (Muñoz Molina ). Neste contexto podemos preguntarnos si a crise afecta de xeito desigual á saúde das mulleres.

Retorno ao pasado

Hai unha estratexia global, deseñada e impulsada desde os grandes centros de poder e de elaboracion de argumentario ideolóxico neoliberal (FMI, BCE, etc) que promove o adelgazamento do Estado, a redución dos mecanismos de proteccion social, a desregulación laboral e a supresión do Estado de benestar. As estratexias e os elementos utilizados a tal fin son distintos segundo a situación de cada país. En España as forzas económicas atoparon o aliado perfecto no Partido Popular, ganador das eleccións xerais en 2011.

López Nogueira e o galego

A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), organización que agrupa a traballadores da sanidade comprometidos na defensa do idioma galego, realizará o próximo sábado, día 29 de novembro, a súa 4ª Asemblea anual. Neste acto, que se celebra na Facultade de Medicina de Santiago, incorporaranse corenta novos irmandiños, que asinarán o seu compromiso persoal para promover o uso da nosa língua no ámbito sanitario.

A saúde: ideoloxía e negocios

O libro A saúde como negocio publicouse en galego na primavera de 2012. Dous anos despois Edicións Laiovento pensou traducilo ao castelán para distribuílo fóra de Galicia. Unha vez revisados todos os textos démonos conta de que a realidade dos feitos foi contundente.

“La salud como negocio”

Nos próximos días vai sair á rúa o libro “La salud como negocio”. Plantexouse inicialmente como unha traducción do volume publicado en galego na primavera de 2012, pero a realidade sanitaria mudou de tal xeito neste tempo –a peor- que o que ve agora a luz é un libro novo, con novos textos que analizan a realidade de hoxe, moi diferente á de hai dous anos.

A saúde do galego, dez anos despois

Semella que foi onte e xa van aló dez anos. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), no que tiven a honra de participar, foi aprobado por unanimidade no Parlamento galego en setembro de 2004. É, con certeza, un dos feitos máis positivos dos sucesivos mandatos de Manuel Fraga ao frente da Xunta de Galicia.

O medo ao Ébola

O virus do Ébola provoca unha enfermidade hemorráxica grave e potencialmente mortal. Este mes de agosto os medios de comunicación non falan doutra cousa. Semella que fose unha doenza nova mais non é así. O primeiro caso coñecido data de 1976 (Zaire) e desde a década dos noventa varios países africanos (Guinea, Congo, Nixeria, Liberia) veñen declarando todos os anos casos de morte provocados por este virus. Este verán a dimensión da epidemia foi superior á de anos anteriores. Preto de mil persoas morreron por esta causa e a OMS declarou a situación, a primeiros de agosto, como unha “emerxencia sanitaria internacional”.

Indignación e desobediencia

“Indignádevos!”. O libro publicado en Francia en 2010 por Stéphane Hessel (un exdiplomático nonaxenario que, na súa xuventude, fora combatente da Resistencia francesa), foi un chamamento público contra da indiferenza e a favor da insurrección pacífica.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.