Artigos de Pablo Vaamonde

A expropiación de dereitos consolidados

Hai un principio xurídico, de amplia aceptación entre os defensores dos Dereitos Humanos, que prescribe a prohibición do retroceso social. Un libro de Christian Courtis (“Ni un paso atrás. La prohibición de regresividad en materia de derechos sociales”) recolle unha abondosa documentación sobre esta materia.

A polémica vacina da meninxite B

A meninxite é unha enfermidade infecciosa grave que, nalgúns casos, pode provocar a morte. Todos os anos hai algún caso letal. Pode ser provocada por virus ou por bacterias que, á súa vez, poden ser de varias clases, sendo as máis frecuentes as provocadas polos meningococos A, B e C. No calendario infantil está incluida a vacina contra o meningococo C, mais existe unha fonda controversia pola inclusión da vacina contra a meninxite B, que actualmente só está autorizada para uso hospitalario.

Sanidade publica ou privatizacións: qué beneficia máis á sociedade?

Hoxe case ninguén discute as excelencias do noso sistema sanitario, nin se cuestionan os seus bos resultados. Pero hai unha salmodia, repetida ata a extenuación polos defensores da privatizacion, que reclama “melloras e modernización” na xestión e flexibilización das organizacións sanitarias, para superar a suposta rixidez do sistema e aumentar a súa eficiencia.

Ataque á Sanidade Pública

En tempos de crise e quebranto económico, os criterios de bo goberno deberían levar aos nosos dirixentes a adoptar as medidas máis extremas para garantir unha atención sanitaria de calidade a toda a poboación -sobre todo, aos máis necesitados-, a través dos servizos públicos. Ademais de mellorar a recaudación cunha fiscalidad progresiva, os servizos sanitarios deberían reorientarse cara ao maior protagonismo da Atención Primaria (AP) e a priorización das tarefas de promoción da saúde e prevención da enfermidade.

A nosa Sanidade Pública

A atención sanitaria, tal como hoxe a coñecemos, ten unha curta vida. Pouco máis de tres décadas. A extensa rede de hospitais e centros de saúde que cobren toda a xeografía fíxose nun tempo moi recente. Recordemos que a guerra civil deixou a este país sumido na miseria máis absoluta, baixo a opresión do dictador e co medo e a pobreza esmagando á maioría da poboación. Ninguén visitaba ao médico salvo en casos de extrema gravidade.

Jesús Cubillo, psiquiatra e pintor

J. D. Cubillo expón a súa obra pictórica no Sporting Club Casino da Coruña (Rúa Real, 83) do 15 ao 30 de abril. “As cores do ferro” é o título co que o autor denomina a súa propia obra, froito de dous anos de intenso traballo no seu estudo; con esta exposición inicia unha nova etapa na súa traxectoria, que se volve menos figurativa e máis conceptual e abstracta. Nas súas exposicións anteriores centraba a súa pintura na reprodución de materiais de laboratorio, terras abatidas, paisaxes mineiros, construcións industriais e complexos metalúrxicos. Con esta exposición abandona eses temas e territorios e centra a súa mirada en novas temáticas.

A exclusión sanitaria

En abril de 2012, aos tres meses de ocupar o poder, o PP publicou no BOE un Real Decreto Lei (RDL 16/2012), teóricamente orientado a garantir a sustentabilidade do sistema sanitario público, aínda que, en realidade, tratábase dun atentado frontal contra o mesmo.

Os donos do mundo

"Hai unha guerra de clases, e estámola gañando os ricos" afirmou o inversionista e multimillonario americano Warren Buffett. “Os ricos imos gañando (Deusto) é o título que elixiu o profesor Antón Losada para o seu último libro, no que nos advirte de que estamos camiñando, a toda velocidade, cara un novo feudalismo.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.