Artigos de Xoán Vázquez

A sobrevivencia dun establishment suicida

Moi a pesar de non ter presentado nin tan sequera unha proposta de solución para os problemas de máis urxencia que afronta a sociedade, o establishment sobreviviu as últimas eleccións. E sobreviviunos porque as alternativas amósanse lonxe de presentarse como solucións viables, que non o son. Velaí a cidadanía, unha vez máis, escollendo de entre as patacas as menos podres. Mais unha cousa quede clara: ninguen se afai a pasar a vida remexendo na podremia, algo ten que pasar.

O problema é o establishment

Se se confirma que Vox se desmarca da Constitución e aceptamos que é unha ameaza para a convivencia en democracia e só utiliza a democracia como un medio para fins alleos aos valores da Constitución (populismo), daquela estamos falando de moito máis ca de Vox. Estamos falando dun feixe de partidos, mesmo anteriores a Vox, todos eles ben levados co goberno do Estado, algúns deles enchoupados en sangue e desfrutando cun cinismo inconmensurable desa condición sanguinaria.

Dos camiños que levan a Vox

Desde as eleccións ao parlamento de Andalucía é moito o que se ten falado da irrupción de Vox: se vén para quedarse, se pode seguir medrando e ata onde pode chegar.

Vox, ou o relativismo máis nefasto

Coñezo xente –algunha aínda me cae ben cerca– que soamente teñen atopado nas súas vidas dúas clases de persoas, agrupadas en cadansúa categoría con deixes a sentenza inapelable. Unhas entra na de “é un gran chaval”, tódalas outros recaen na de “é un fillo de puta”.

Dereito a decidir ou tapadeira de patricios latrocinios

Agora que comezan os xuízos dos políticos presos, reciclaremos aquelo – tan repetido – de que as accións tomadas polo goberno do Estado (a aplicación do 155) é algo nunca visto nunha democracia europea avanzada, porque, claro, como as accións tomadas polo goberno de Cataluña son tan comúns en tódalas democracias avanzadas, europeas ou non, o normal é escandalizarse. Xa estou vendo aos lexisladores e gobernadores de California, Provenza, Baviera, ou Nova Gales do Sur subvertendo ás respectivas constitucións e dicíndolles a cadanseus tribunais supremos ou constitucionais que a vaian rañar.

E isto terá algo que ver co dereito a decidir?

Andan dicindo por aí que que as accións tomadas polo goberno do Estado é algo nunca visto nunha democracia europea avanzada, porque, claro, como as accións tomadas polo goberno de Cataluña son tan comúns en tódalas democracias avanzadas, europeas ou non, o normal é escandalizarse. Xa estou vendo aos lexisladores e gobernadores de Massachusetts, Provenza, Baviera, ou Nova Gales do Sur subvertendo as súas constitucións e dicindolles a cadanseus tribunais supremos ou constitucionais que a vaian rañar.

Donald Trump na rebelión dos esquecidos

Xa é presidente. Agardo que a realidade de asumir o poder peneire actitudes e mande ao esquezo as moitas barbaridades da campaña electoral. E eu, con moitos matices e aínda máis reservas, aventúrome a pensar que se cadra o que necesita EEUU, e mailo mundo, é precisamente afastarse un chisquiño das prédicas elitistas e desa sutil autocensura xurdida desta nova dictadura do politicamente correcto, ela aínda veces máis nociva ca aquela da miña adolescencia que nos impoñían a “manu militare”. Quizais sexa hora de darlle paso á voz dos esquecidos. E non vou desbotar a posibilidade de que o equivocado sexa eu e xa non os que lle deron o voto a Donald Trump.

Nada máis fútil que culpar ao escorpión

No que atinxe á moral pública, non son un timorata. E máis, no glosario das miñas manías atópase un mesurado desprezo aos que corren a criticar a maneira de vivir dos demais. Nos dereitos de cadaquén a vivir a súa vida ao seu xeito poucos límites debe haber; ningún sobre manías, modos ou formas cando isto non incida nos dereitos dos demais. Pero ao que si lle teño algo de noxo, e aínda repugnancia, é aos que, desprezando os límites colectivos consensuados polos séculos, impoñen as súas obsesións disfrazadas de modernismo desinhibido invadindo os dereitos dos demais.