A sobrevivencia dun establishment suicida

Moi a pesar de non ter presentado nin tan sequera unha proposta de solución para os problemas de máis urxencia que afronta a sociedade, o establishment sobreviviu as últimas eleccións. E sobreviviunos porque as alternativas amósanse lonxe de presentarse como solucións viables, que non o son. Velaí a cidadanía, unha vez máis, escollendo de entre as patacas as menos podres. Mais unha cousa quede clara: ninguen se afai a pasar a vida remexendo na podremia, algo ten que pasar.

Por Xoán Vázquez | New Yersey | 25/05/2019

Comparte esta noticia
Daquela, se non hai resposta aos problemas máis apremantes, é de razón que unha das moitas oportunidades que está a recibir o establishment das mans dos electores remate sendo a derradeira. A evidencia de que a fatiga leve á cidadanía a tomar decisións tan contundentes como desacertadas é abrumadora; velaí Italia, ou Grecia. Amblos dous países se foron polos extremos. A desesperación non é boa conselleira, e están pasando cousas verdadeiramente desesperantes. 
 
A clase política –de seu xa terrible o feito de terse transformado nunha clase–, ou sexa, a endogamia, o enchufismo vitalicio e a cultura do chupón, ademais de gardar silencioso respecto aos inimigos da convivencia, humillan á cidadanía con burlas mesquiñas e destructivas, simbolizadas nesas caricaturas que suplantaron  a tradicións de tanto raigaño como poden ser as cabalgatas de Reis ou as procesións de Semana Santa, e  na indiferenza ante o acoso aos negocios familiares hostilizados polas “top manta” e mailos outros carnazais de presa fácil. Por riba, ignoran o novo terrorismo ao que está sometida unha parte importante da poboación: as mafias depredadoras de okupas, narcos, prostitución, e asaltadores que van transformando partes das nosas vilas e cidades en podredoiros humanos. Velaí os partidos do establishment como instrumentos (nin tan) pasivos de destrución e ruína da nosa sociedade, algúns deles xa rañando na codia da traizón. Das mafias dos okupas (Non enredemos o tema co sufrimento das familias desafiuzadas; que en todo caso, sendo un problema social, correspóndelles ás institucións atendelo e xa non aos particulares donos dun piso) que teñen á xente, pois iso, aterrorizada, e que xa teñen matado xente (Sant Roc de Badalona), nada. Diso non se fala. Que eu ou calquera de nós se temos que emigrar ou visitar un familiar en calquera recuncho do mundo, vaiamos aterrorizados de que ao retornar non teñamos casa, diso non se fala. Que non teñamos nin a liberdade de poder saír da nosa casa, diso non se fala. Que se no piso da carón se instala unha casa de putas e os chulos mantóns – nin tan disimuladamente – che mostran as cachas da pistola, diso non se fala. Que se o piso de abaixo é un narco piso dominado por mafias estranxeiras que se veñen defecarse nas nosas liberdades e cebarse do sangue da nosa xuventude, e nós non teñamos recurso legal expeditivo, inmediato, contundente e infalible, diso non se fala. Que nunha aula de trinta rapaces haxa vinte e oito suspenso e iso non cause unha investigación inmediata e exhaustiva, xa por imperativo legal, para saber se son víctimas de usurpadores, terroristas de aula ou sádicos disfrazados de profesores, diso tampouco se fala. De aceptar os apoios parlamentarios dos que violentan a máxima expresión da nosa liberdade, a Constitución,   para acadar a Moncloa, diso non se fala. A cultura do chupón, inherente á dereita franquista, invadiu o PSOE de tal maneira que xa é tan cacique coma a mesma dinastía dos Baltar de Ourense. 
 
Nas últimas eleccións o establishment recibiu unha nova oportunidade, agardo que saiban aproveitala.  
 

Baltar, Feijóo e Jesús Vázquez nun mitin
Baltar, Feijóo e Jesús Vázquez nun mitin | Fonte: PPdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Vázquez Nado en 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son. Con 17 anos emigra aos EE.UU. Estuda informática na Kean University. Actualmente exerce de informático en New Jersey. O seu blog: http://xoangvazquez.blogspot.com/