Artigos de Marcos Pérez Pena

É o xornalismo, estúpido! (II)

O soporte non importa, importa a información que se crea e se transmite. E non é un asunto baladí porque o xornalismo non é unha profesión máis: ten unha responsabilidade social de control e crítica dos grandes poderes e unha responsabilidade social de servizo á cidadanía. Se se degrada o xornalismo degrádase a democracia. Os medios impresos responden á súa crise recortando custes naquilo que lles confire especificidade e valor: o traballo xornalístico.

É o xornalismo, estúpido!

"O xornalismo, cando se practica adecuadamente, é un acto incriblemente delicado, ético e esixente de tempo que require coñecer un asunto, manter as fontes, saber que usar e que non usar destas fontes, volver cada día para saber que é novo e relevante na institución que estás a cubrir e escribir dun modo sofisticado que a longo prazo desvele cousas complicadas sobre esa institución. É algo que non pode facerse desde o cuarto de estar, senón desde a rúa e con chamadas telefónicas"

O ocaso do poder de La Voz de Galicia

La Voz está a piques de saír do reducido clube de cabeceiras que no Estado Español distribúen máis de cen mil exemplares cada día, ao que accedeu en 1991. O periódico de Santiago Rey segue sendo o oitavo xornal xeralista, pero a súa difusión durante 2009 situouse nos seus niveis máis baixos en vinte anos, unha media de 100.664 exemplares diarios, once mil menos que o récord acadado despois da crise do Prestige. Nos últimos tempos, o xornal mantívose por riba da liña simbólica dos cen mil unicamente a costa de aumentar os mecanismos de difusión atípica, que pasaron de significar o 4.93% en 2004 a ser o 10.4% en 2007.
Marcos Pérez Pena Marcos S. Pérez Pena (Montevideo, 1980) é xornalista e investigador en comunicación. Doutor en Xornalismo pola USC con unha tese sobre os medios de comunicación galegos na Transición. Autor de "Milladoiro. A Galicia de Maeloc. Unha fotobiografía" (Galaxia) Marcos S. Pérez traballou en Vieiros, Gznación, La Voz de Galicia, Diario de Ferrol e a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, e colaborou con revistas como Tempos Novos, Murguía ou ECO-Revista del Eje Atlántico.