Artigos de X.A. Pérez-Lema

Un erro histórico

As eleccións catalás evidenciaron que a chave das vindeiras xerais ha ser a territorial. Junts per el Si presentarase e acadará un mínimo de 20 deputados. O PNV, EH-Bildu e Compromis acadarán cadanseu grupo parlamentario. Geroa Bai manterá a súa representación, canda a Presidencia do Goberno foral navarro. Os nacionalistas canarios e das Illes desfrutarán dunha sólida representación.

Catalunya: gañou o independentismo

As opcións independentistas gañaron amplamente a maioría absoluta en escanos nas eleccións catalás coa meirande participación da historia (máis do 77%). Junts per el Si (coalición transversal entre Convergència y Esquerra coa achega de sectores cidadáns non partidarios) obtivo 62 escanos (9 menos ca a suma dos dous partidos no 2012) con case o 40% dos votos, mentres que as CUP, cun 8,1% sobiron de 3 a 10 . O número de escanos e de votos entre as tres forzas independentistas fica substancialmente Igual (soben ao 47,8% dende o 47,7% do 2012, 72 deputados fronte a 74, co limiar da maioría absoluta en 68 dos 135 escanos), malia o extraordinario incremento da participación e a defección dos democristiáns de Unió, terceira vía que ficou ás portas do Parlament con menos do 2,5% doas votos.

A recentralización prexudica a Galicia

A crise do sector lácteo evidenciou unha absoluta falla de resposta do Goberno galego, que abdicou das súas responsabilidades delegando toda a capacidade de resposta no Goberno do Estado. Ficou claro que a recentralización non só é un proceso xurídico, senón fondamente inserido na axenda política do PP, que definitivamente apostou na Galicia por se limitar a mal xestionar baixo as directrices políticas emanadas dende Madrid.

Os tempos son chegados

Ninguén dixo que o proceso para acadar unha candidatura nacional galega, unitaria e de base cidadá para as vindeiras xerais fose ser doado.

Novos actores no sector lácteo

No proceso de mobilizacións desenvolvido en Galicia este verán salientou unha nova organización , a Plataforma na defensa do sector galego, que soubo achegar a moitos dos alcaldes dos concellos máis concernidos, ao comercio , aos produtores e cooperativas, ás Asociacións de consumidores…

Unha representación propia

Nestes últimos días, algunhas opinións insistiron na prescindibilidade dunha representación galega propria no vindeiro Parlamento estatal. Dende PODEMOS afirmábase que un Grupo Parlamentario galego non resolvería o problema dos desafiuzamentos, mentres que o catedrático de Dereito Constitucional R. Blanco Valdés viña dicir que dende formulacións políticas estatais Galicia perde e gaña ás veces, en canto que con representación galega soberana perderíamos sempre por sermos minoría no conxunto do Estado.

Cidadanía e nova política

A resposta austericida que os Gobernos lle deron á Gran Depresión, xunto coa deterioración política manifestada no divorcio entre amplos sectores sociais e o bipartidismo dinàstico que monopolizou as Institucións os últimos trinta anos, foron o caldo de cultivo da toma de conciencia cidadá, da repolitización de moita xente. Milleiros se decatan que eles e a súa contorna empobrecéronse, quer ao perderen o traballo ou a súa pequena empresa, quer o veren reducidos ou precarizados os seus ingresos. E fronte este empobrecemento os Gobernos sanean a banca e recurtan a cobertura do desemprego, a sanidade, a educación e os servizos sociais, agravando substancialmente a mancada situación das clases medias e traballadoras. Mentres, abrollan centos de casos de corrupción que evidencian o afastamento de PP e PSOE a respecto dos problemas da maioría social. PP e PSOE amósanse moito máis pendentes de manter a súa capacidade de empregar aos seus ca de artellar políticas de crecemento que xeren emprego e recadación fiscal. Velaí o suceso da representación simbólica de PODEMOS: eles son a casta e non nos representan.

Feijóo e os lumes

Falando dos lumes forestais un xa non sabe se os responsàbeis políticos da Xunta non se enteran ou insultan á nosa intelixencia.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.