Fiscalía expón para este traballador do metal vinculado ás protestas de maio de 2022 ante a Delegación do Goberno en Galicia unha pena dun ano de cárcere por delito de atentado e dous meses de multa por lesións.
O acordo mellora as condicións laborais e subliña a aposta pola cooperación e o compromiso mutuo entre a empresa e os seus traballadores.
  comenta   0
"A día de hoxe ademais de estar a perder máis do 14 % de poder adquisitivo e de deixar claro á empresa que renunciabamos a recuperar os salarios perdidos, o que supón un aforro de máis de 3,5 millóns de euros para Vitrasa polos anos 2021 a 2023, néganse a pechar un acordo por unha cantidade tan ínfima como 135.000 euros despois de recibir millóns (estes 135.000 sería o que lle suporía á empresa o 0,9 % que solicitou o comité, segundo os seus cálculos)", sentenciaron dende o comité de empresa.
En concreto, Sumar pide na súa iniciativa, que se debaterá na Comisión de Industria da Cámara Baixa, a aprobación, o máis axiña posible, dun Plan Estratéxico que modernice a actividade da compañía, tendo en conta a crise climática á hora de definir o seu modelo de negocio e que incorpore na súa elaboración ao persoal, establecendo procedementos democráticos de participación no seu deseño.
  comenta   0
A través dunha iniciativa parlamentaria no Congreso, o deputado do BNG, Néstor Rego, incidiu na necesidade de garantir o poder adquisitivo do persoal ao servizo da Axencia, e ao mesmo tempo destacou a necesidade de modificar o orzamento que permita financiar a carreira administrativa das traballadoras e traballadores.
  comenta   0