Que é Acción Galega?

Un grupo de ex dirixentes do BNG, independentes e mesmo militantes do PP comezaron a negociar cos irmandiños e con +G a opción de participar nunha gran coalición nacionalista "aberta" e "centrada no país". O proxecto está en marcha pero aínda non colleu forma.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/04/2012 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Non é un partido político pero funciona como tal. Hai meses que ex dirixentes do BNG se xuntaron para analizar a posibilidade de crear un novo partido nacionalista á marxe do Bloque. Esa era a idea orixinal pero, tras o acontecido na asemblea nacionalista do BNG, os obxectivos mudaron.

None

Nesas conversas iniciais participaron rexedores do BNG, principalmente de Ourense, como Xoán Jardón, de Vilar de Santos; e outros ex dirixentes desta formación coma Teresa Táboas, Xosé Antón Pérez Lema ou o dirixente do PNG-PG, Xosé Mosquera. Pero tamén estaban outras figuras destacadas, polo menos en canto a súa militancia, do PPdeG, como é o caso de Rafael Cuiña, fillo do ex conselleiro de Política Territorial na época de Fraga, Xosé Cuiña. 

 

Nova etapa

 

Sen embargo, tras a decisión de Encontro Irmandiño de abandonar a fronte --unha decisión que seguiron outras formacións como +G, o PNG ou EN--, este grupo de persoas comezou unha nova etapa nos seus obxectivos políticos e abriron vías de negociación con EI para analizar a posibilidade de crear unha gran coalición nacionalista.

None

 

Segundo as fontes consultadas por GC, nesas conversas participaron Rafael Cuiña e Teresa Táboas, entre outros dirixentes. Houbo aproximación de posicións pero as posturas de Acción Galega foron claras sobre esa "gran coalición"; non pode ser un fronte de partidos "ao estilo do BNG", non debería integrar a formacións independentistas ou que teñan coma único fin acadar a independencia de Galicia e tería que estar aberta a posturas "centristas", ao estilo dos converxentes cataláns.

 

O papel de Beiras

 

Tamén houbo valoracións persoais sobre quen debería liderar esa fronte. E a postura dalgúns dos que participaron nestas conversas é que non debería ser dirixida por Xosé Manuel Beiras. "Quizais poidera encabezar a lista desta coalición por A Coruña, pero non ser o candidato", comentaron as fontes consultadas sobre o que dixo un destes interlocutores.

 

Posteriormente, a pasada semana, Acción Galega comezou negociacións con +G. Unhas conversas nas que participaron, entre outros, Xoán Báscuas e Rafael Cuiña.

 

Polo momento, non hai decisións en firme posto que as conversas que se manteñen son a varias bandas. EI mantén abertos canles de diálogo cos Ecogaleguistas, con +G, con Causa Galiza, coa FPG, cos distintos colectivos nacionalistas creados tras a asemblea nacionalista do BNG e mesmo con algún grupo de socialistas excindidos do PSdeG. Tamén +G dialoga con varios destes grupos. "É necesario algún tempo para avaliar as propostas que se están poñendo enriba da mesa e comezar a sacar conclusións", comentan as fontes consultadas.

 

Outro proxecto centrista

 

Por outra banda, Acción Galega mantivo, tamén, conversas informais con algún dos dirixentes doutra fronte de partidos de centro que se está a formar en Galicia e que xa mantivo algunhas xuntanzas. Nestas conversas teñen participado representantes de Terra Galega (TEGA), Partido Nacionalista Galego (PNG-PG), Alternativa Popular Galega (APG), Converxencia XXI (CXXI) e Partido Galeguista Demócrata (PGD). Con todo, e segundo as fontes consultadas, non houbo ningún acordo.

 

"O que buscan é unha persoa mediática. Non dispoñen de ninguén que teñan certa proxección", di un dirixente consultado de Acción Galega. "Nós xa lle ofrecemos participar nesta nova plataforma pero semella que non amosaron ningún interese", apunta outro dirixente dun destes partidos. "Con ou sen eles nós seguiremos adiante co noso proxecto porque, desde logo, non entendemos como se conxunta iso dun partido que se di independentista como a FPG con outro de centro-galeguista como din que son eles", insiste en referencia a Acción Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 198 comentarios

40 Digo eu

E digo eu, se en vez de ostiarnos aquí que non nos vai resolver nada, porque non nos xuntamos entre todos e imos rebentar estes foros en Intereconomía, La gaceta & company? Inda podiamos botar unhas risas e alomenos fariamos algo útil.

39 Kempallou

No BNG están "encantados" sí. Felicísimos...

1 saña

De canta borralla non liberamos,¡¡¡ si señor,¡¡¡ o de Amio foi unha boa barrida

38 Boa viaxe

Así que todo isto era certo, os da foto e demais co fillo de Cuíña, e desde hai ben tempo. Teñen razón cando din que marcharon porque o Bloque era de esquerdas de máis para seu gusto. Por que se meteron no Bloque? Por puro oportunismo. A ver que tal lles vai no mundo real, fora do virtual e deste blog.

1 Manuel

Aos que lle van ben no blog son aos da BNG-UPG, que cobran cara a súa participación masiva e multinick, ou en moitos casos defenden o postiño con bastante pena. Dá ganas de chorar cando un comproba o patetismo ao que chegaron os sectores que controlan o BNG e viven del. En fin... supoño que cando todo se veña abaixo seguiredes a negar a triste realidade que vos espera.

37 Un máis

Estos non son galegos de verdade, son uns españolistas camuflados. Os verdadeiros galegos estamos no BNG, o resto son caralladas e panochadas de catro iluminados.

1 Vulgo

Hahahahaha!!!!! Vaia fenómenos hai no BNG

2 Sempre UPG

Os verdadeiros galegos é moito decir, pero si os mais capaces, os elexidos pola natureza pra levar esta nación as suas mais altas coutas. Eu o penso así, o pensamento ceibe e o coñecemento humano, deunos esa carácter.

3 dzun

jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja

4 scarayado

por sempre....s e os mais capaces estades ahi como seran os mais vendo a isabeliña primeira de ourense...... mi madriña..... pa unha como rivas que vale tedela marxinada anda que asi vos loce o pelo ano tras a no nas eleccions .....

5 markos

Da gusto ver como calquera anormal fala en nome do bng e os parrulos lle seguen o xogo

36 Kiko

Eu do sopragaitas de Pérez Lema non me fio. Xa sabemos todos cal foi o seu papel no bipartito.