Feijóo recoñece dificultades na produción industrial pero nega retroceso das exportacións

Apunta como responsable da crise industrial o clima, os paros en Meirama e As Pontes e a situación de Alcoa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/09/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu este xoves as dificultades que está atravesando a produción industrial en Galicia, que acumula baixadas consecutivas nos últimos nove meses e se sitúa a cola das autonomías no coxunto do estado. Con todo, negou que haxa un retroceso das exportacións e criticou os datos aportados pola Axencia Tributaria.

Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa
Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa

“Na produción industrial hai unha caída do máis do 35% da produción enerxética e isto inflúe no índice total de produción industrial”, indicou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Tamén apuntou como causantes desta situación as condicións climatolóxicas, os paros de Meirama e das Pontes, a inactividade de Alcoa A Coruña e baixa actividade de Alcoa San Cibrao.

Con todo quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade. “Somos a autonomía na que máis se incrementa a recadación fiscal. Iso acredita que a economía galega está funcionando, sobre todo, a demanda interna”, indicou.

Ademais, criticou os datos da Axencia Tributaria sobre a baixada das exportacións galegas e dixo que non encaixan cos que ten a Xunta. “Acabamos de coñecer os datos de Inditex con récord de facturación e, con todo, sae que as exportacións baixan, cando a facturación está subindo. Hai algo que non cadra”, destacou. “Agardo que nas vindeiras semanas os responsables destas estatísticas poidan aclaralo”, aventurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta