Tres trasladados por mor dun incendio na cociña dunha vivenda de Ferrol

Un incendio nunha cociña dunha vivenda de Ferrol foi a causa de que tres persoas tivesen que ser trasladadas ao Hospital Arquitecto Marcide.

Por E.P. | Ferrol | 08/12/2019 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Un incendio nunha cociña dunha vivenda de Ferrol foi a causa de que tres persoas tivesen que ser trasladadas ao Hospital Arquitecto Marcide.

Segundo informa o 112, o aviso recibiuno ao redor das 15,00 horas da tarde. Un particular indicaba que había un incendio na cociña da vivenda ou na instalación eléctrica e que as persoas que a habitaban "presentaban dificultades respiratorias".

A partir dese momento, a central de emerxencias informou do ocorrido a Urxencias Sanitarias-061 e aos bombeiros de Ferrol. Ademais, solicitou a colaboración da Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Segundo indicaron os profesionais sanitarios ao 112 Galicia, as tres persoas afectadas, aínda que foron trasladadas, "non parecían reverstir gravidade". Así mesmo, os bombeiros comunicaron á central de emerxencias que o lume xa fora sufocado cando chegaron ao interior da vivenda, polo que procederon á súa ventilación.

Piso
Piso

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta