CC.OO. alerta de que o proxecto de Estaleiro 4.0 de Navantia Ferrol "está paralizado"

Advirte de que o futuro deste estaleiro "non está garantido máis aló do programa das fragatas F-110 para a Armada Española".

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 20/12/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Industria de CC.OO. en Galicia, Víctor Ledo, asegurou que "o proxecto de Estaleiro 4.0 de Navantia Ferrol está paralizado" e que esta situación é "moi preocupante", xa que, se non se avanza neste proxecto, "coa construción dun dique cuberto", o futuro deste estaleiro "non está garantido máis aló do programa das fragatas F-110 para a Armada Española".

Así o asegurou o representante sindical tras manter un encontro co alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), ao que tamén acudiu o presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Javier Galán (CC.OO.).

CCOO sobre Navantia
CCOO sobre Navantia | Fonte: Europa Press

Nesta reunión, celebrada no Concello de Ferrol, os participantes abordaron o futuro das enerxías renovables, sobre o que Ledo trasladou que "a situación de Endesa nesta comarca leva aparellado o desenvolvemento, por parte do Ministerio de Industria e da propia Xunta, grazas ao Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC), unha transición xusta" na que "hai fondos".

Segundo o representante sindical "ten que ser un dos motores para pór en marcha ese polo de enerxía renovables, tanto no que ten que ver coa eólica terrestre, mariña e sen descoidar a fotovoltaica e dos biocombustibles".

MAIOR PESO DA INDUSTRIA

Pola súa banda, Mato estimou que "Navantia ten un reto inmediato", xa que "todos os programas tecnolóxicos vinculados á construción das fragatas F-110 deberían ter a súa translación na cidade de Ferrol". "Temos que aproveitar ese programa que tanto ilusión e tantas expectativas está a crear", resumiu.

Con respecto ao futuro Estaleiro 4.0, Mato apuntou que "o próximo Goberno ten que buscar o financiamento e dar os pasos para consolidar este proxecto, coa construción dun dique cuberto, para seguir competindo cos principais estaleiros militares do mundo". "Así poderemos ser competitivos, fabricar nun menor tempo e cun custo máis contido, mantendo así a posición de liderado que Navantia ten", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antolín o dos cubatas

Eso o dí o sindicato que acaba de asinar un pacto social con Núñez Feijoo, a cambio de manter as mamandurrias das subvencións ?