A derradeira carta de Alexandre Bóveda, agora a ritmo de rock

O grupo de rock galego 'Grilo' vén de musicar este texto que está incluído no primeiro disco que presentan ao público, 'Dálle Lume'.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

'Dálle Lume' é o nome baixo o que 'Grilo' foi cocendo unhas cantas cancións que compoñen o primeiro disco de longa duración do grupo de rock galego. De entre todas elas destaca 'Xandre', a peciña coa que se pecha o proxecto. Esta canción rescata a derradeira carta do galeguista Alexandre Bóveda, aquela coa que se despediu dos seus máis achegados antes de ser fusilado polos falanxistas ao comezo da Guerra Civil.

Os integrantes do grupo de rock Grilo
Os integrantes do grupo de rock Grilo | Fonte: manerasdevivir.com

“Para nós é unha das cancións máis especiais do disco, posto que nos achega a unha figura que forma parte da Historia do noso país na loita pola democracia e a liberdade dunha forma moi próxima. Esta carta móstranos o que o terror franquista fixo hai menos de cen anos, tronzando vidas e desfacendo familias por ter ideais diferentes”, falan os integrantes de Grilo, Alberte, Miguel e Adrián.

 

Os tres tiveron un encontro con Valentín García Bóveva e mais Amalia Bóveda - representantes da Fundación Alexandre Bóveda e da familia Bóveda - para facerlles entrega dunha lámina conmemorativa coa letra completa da canción editada pola formación compostelá, así como de convites para o concerto de presentación. Dende a Fundación mostráronse agradecidos de que se sigan realizando iniciativas ao redor da figura de Bóveda co gallo se manter vivo por sempre o seu legado.

 

'Dálle Lume' será presentado o día 31 de Xaneiro na Sala Capitol de Compostela, cidade onde tamén naceu o grupo. Este é o primeiro traballo discográfico que presentan logo de editar dous sinxelos acompañados de videoclips ao longo do 2019. Polo de agora, as súas novas músicas poden escoitarse xa nas plataformas dixitais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta