Feijóo presume da baixada do paro: "Galicia resiste mellor que a media española"

Con motivo da celebración da iniciativa 'Un café con Feijóo' en Pereiro de Aguiar, Feijóo asegurou que a súa intención en todos os concellos é "mellorar a sanidade, a educación, facer equipamentos sociais para os maiores e máis pequenos, sen esquecer o deporte e a cultura".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/03/2020 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O candidato do PPdeG á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo este martes en valor a estabilidade económica de Galicia, con menos paro que hai un ano e novos afiliados á Seguridade Social.

Con motivo da celebración da iniciativa 'Un café con Feijóo' en Pereiro de Aguiar, Feijóo destacou os principais investimentos realizados neste municipio, entre as que destacou a ampliación do CEIP Ben-Cho-Shey, o incremento das prazas públicas en residencias de maiores e en escolas infantís, o parque acuático, así como as instalacións deportivas de Monterrei e o novo centro de saúde.

Así mesmo, referiuse á declaración dunha aldea modelo no municipio, co fin de rehabilitar e recuperar terreos abandonados, e ás subvencións para facilitar a instalación de empresas en Pereiro de Aguiar.

"É o que tentamos facer en todos os concellos: mellorar a sanidade, a educación, facer equipamentos sociais para os maiores e máis pequenos, sen esquecer o deporte e a cultura", indicou Feijóo, que asegurou que este modelo de Pereiro de Aguiar é o que busca expandir ao resto dos concellos de Ourense e Galicia.

DESEMPREGO

Sobre os datos de desemprego coñecidos este martes, sinalou que o paro en España se comportou "francamente mal", a diferenza de Galicia, que é a segunda autonomía en baixada de paro nos últimos doce meses.

"Lamentablemente, as políticas económicas laborais do Goberno central non axudan a reactivar a economía; ao contrario, son mensaxes negativas para o investimento nacional e estranxeiro", indicou.

Ademais, sostivo que Galicia resiste mellor que a media de España. "E hoxe podemos dicir que non só baixa o paro en 1.700 persoas, senón que melloramos a afiliación á Seguridade Social en 5.000 novos afiliados", apuntou.

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo. PPDEG
O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Paquito o chocolateiro

O incribel da prensa galega e que dea pa diante as suas parvadas e non as conteste con datos, que is hai? Xornalismo galego, xornalismo de chichinabo...

1 Xucasc+aa4

A prensa galega está atada e ben atada por parte da Xunta de Feijoo.