Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

30 antiburras

Como pronuncian AGE os de AGE? Á española?

1 Tannhäuser

Preguntallo a Méndez Ferrín, que forma parte dela.

2 Antiantiburras

Antiburras: Aínda che escoze o cú co resultado electoral e os resultados de Alternativa Galega de Esquerda e o BNG-UPG?

3 mk__

En galego normativo G + E, só ten un son posible. E en reintegra outro. Depende de con quen fales meu.

4 Proburras

AJe, igual que vos có beneje, ou beneja? jajaja eu tamén son do beneja, como non se vos ocurríu pra a campaña?

29 Unmaisundous

Sorpréndeme a agresividade nalguns comentarios contra Carlos , eu coñecino persoalmente fai unhos anos , debido a un problema que aconteceu nunha pequena aldea preto de Betanzos e que afectava flagrantemente os veciños . Pois ben , éramos catro jatos na aldea , é Carlos implicouse no asunto dende o principio ata o fin , durante mais de dous anos , nunca se "fixo o loco" e nunca pasou de nos , portouse dun xeito impecable cos veciños e dende logo non foi polo rendimento electoral que lle poidera aportar porqué como digo éramos catro jatos, senón polos principios que estou seguro que ten ; e que conste que non son ningún Troll e ademais que votei a AGE , pero Carlos penso que é imprescindible neste proceso no que nos atopamos , como moita mais xente do BNG .

28 alhambradomaroto

Paco, Pili, Aymerich, Jorquera o mellor que faríades polo nacionalismo e recoñecer os vosos erros e pasar de verdade á xubilación definitiva, como supoño que será imposible , mal final lle vexo ao bng e dende logo así, ningún arranxo. Dos da U está o alcalde de Pontevedra cunha boa xestión e bo político, o Suárez Canale e seguro que hai máis, coa boa xente por favor facédelle unha homenaxe aos primeiramente citados e que se dediquen dunha vez a outra cousa, polo ben de galiza e polo avance do nacionalismo que sabe facer política, sabe xestionar e sabe plantarlle cara á dereita. Polo demais, unidade de acción e traballar na construccion dunha alternativa de goberno é o que desexa , estou seguro por sentido común, a inmensa maioría dos votantes semella que eternamente condeados na oposición

27 Tannhäuser

O BNG é un dinosaurio e ten a horas contadas. Se hai xente con sentido que abandone ese edificio ruinoso e llo deixe a egolatras como Francisco Rodriguez, Jorquera e compañia pra que rematen de afundilo. PD: Aymerich, políticamente, é como Rubalcaba: un morto vivente.

26 Traidor

Aymerich que siga no BNG moitos anos. Fdo: un de AGE

1 Felipe de Xinzo

TRAIDOR?, traidores ao nacionalismo galego sodes vós, vós que lle dichedes chanzo a unha forza estatal, a unha forza española, a Izquieerda Unida, ao Partido comunista de España para entrar con 5 deputados no parlamento de cartón, hoxe máis cartón que nunca, traidores

2 verin

Como vos proen as labazadas que vos deu a xente do pobo que xa non cre en vós.

3 Deage

Beiras que viva moitos anos, porque imos ter un futuro negro sen el. Un de AGE

4 mk__

Felipe, "hoxe máis cartón que nunca". Estas no certo ou so é a bilis. Mais ainda que cando o BNG tiña 1 deputado e o PSG-EG 3? Mais que o primeiro Parlamento? E a gradacion no Parlamento de cartón como vai?