Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

35 Shin Chan

Sobra unto, Bautista, sobra unto.

34 O Principe dos Mouros

Agora queren facer as paces, despois do espectáculo que estiveron dando todo o ano. En todo caso penso que o proxecto que se debería ampliar e onde deberían ingresar máis forzas nacionalistas é en AGE, que é o proxecto en ascenso (O BNG está decadente por mor do integrismo ideolóxico da UPG, que anda botando a todo o mundo fóra por activa ou por pasiva), aínda que xa de entrada parece impensable porque Compromiso quedou fóra de AGE. Plas, plas, plas! A ver agora como o arranxades! Sodes coma as Spice Girls veña pra arriba e pra abaixo sen rumbo.

1 Bloqueiro

A UPG non botou a nadie, algunha xente marchou por non aceitar os resultados democráticos.

2 mk__

Non xa para chegar a unha unidade, ainda que só fose de acción, senon para sentar a falar, o primeiro é non mentir. E ti e mais eu, e calquera que non poña vendas nos ollos, saben que se tensou a corda, ao mellor polos dous lados, non cho vou negar, pero a UPG queria ese enfrontamento que podia rematar en ruptura e puxo moito por ir por aí. Que a UPG non cria que os irmandiños ian marchar, pode ser, pero que logo de Amio animouse desde o sector da APU a que haber se se atrevian a liscar, tamen. E que a pelicula non foi coma guion que tiña preparado a UPG, é indiscutible, ate o 21O todas as cison do BNG acaban extraparlamentarias e escindindo-se, dai unha parte dos que fundaron Anova. Agora hai outra historia, e a pregunta é, estamos preparados para ela ou non?

33 Roi Xordo

Eu alucino coas barbaridades que moitos analfabestias soltan aqui contra Aymerich hoxe, contra Martiño hai un par de meses, etc. Hai que promover a unidade e punto. Se non se acada a UPG esmorecerá, agora que perdeu o voto útil, pero o beirismo tampouco sobrevivirá a Beiras.

32 Xílgaro

"Aymerich, ...avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses..." Dentro do BNG XA É IMPOSIBLE. A UPG dinamitouno, por comenencia, en AMIO. Como moito confluír...aínda que o dubido: hai un proxecto en devalo e outro en ascenso, por que ían querer xuntarse os que lle vai ben e camiño de anular ao outro?

31 Ai merich

Si, si. Despois do hostión agora vimos de guais e coleguillas: "veña, ímonos xuntar outra vez. Volvede ao redil". Pois con esta UPG da época da Guerra Fría pouco se pode facer. Ti deberías ter saído do BNG cos teus compañeiros de +Galiza, no canto de quedar a lamberlle o q ao coronel Paco, pero claro, así sacabas premio, que te meteran de number one por Pontevedra para trincar escano. Pois disfrútao estes catro anos, que despois, xa veremos a onde te mandan os teus amos.

1 Hooll

Ti tamén desfruta destes 4 anos e que o Beiras vos chegue en estado...porque vexo ao nacionalismo nunha crise de carafio.