Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

40 Coiro

Moitos non entendimos o movemento de Aymerich con Máis Galiza, quizais o afundimento do bloque nestas eleccións sexan unha oportunidade para que alguén coma el, alonxado da ortodoxia upegalla, refunde o nacionalismo de esquerdas, falla fai, desta volta non chega con mudar as caras e renovalo descurso. Concordo con Cuíña. Galicia necesita ao bloque, pero, a que bloque?. O que necesita con urxencia é un paritdo galeguista nacionalista de centro-esquerda, socialdemócrata e non antisistema, vaia, necesita a CxG ;)

1 anonimo

Non o crees nin ti

2 Coiro

Eu si o creo ;), e máis xente.

39 adrián

Personalmente non teño problema en dicer que me producía calosfríos a posibilidade de que un tripartito desprazara ao PP da Xunta. Eso ía ser un desastre, un disparate total. Beiras, Jorquera e Pachi non teñen idea da que se salvaron. http://cronicasindepes.blogspot.com...

38 JX_XJ

Qué grande analista político Paco R. no diario "Semos Paliza"!

37 Opinador

A unidade de acción esta moi ben, moi razoable, moi guai, o problema é que ninguén acredita neste BNG despois dunha década botando xente. Os que marcharon non confían na UPG, esa é a realidade. A unica solución é a disolución deste partido e da fronte e a conformación dun grande partido nacionalista non frontista (sen Izquierda Unida)

1 Chapas

e sin upg

2 POKEMON

E sen Rafa Cuiña

3 Paixonario

e sin Martiño Noriega, por non devolver as actas

36 Paquito el Chocolatero

Primeiro Vence, logo Aymerich,despois Camilo, logo Cuiña e finalmente o pai da criatura, o Papa Negro, todos coa mesma leria de que hai que refundar o BNG, incluíndo a ANOVA, e deixar fóra a Esquerda Unida. Non vos acabades de enterar: O que hai que facer e un frente de esquerdas, como propuxo Beiras, o resultado electoral e a mobilización dos desafectados da politica, deixou claro que eso é o que queren. Montarlle outro chiringuito á UPG nin de p... coña

1 Shin Chan

O novo mito da esquerdada: "os desafectados". Como si os desafectados tivesen máis valor que os afectados. Espabilina intravenosa, Krllo.