"Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista"

Rafael Cuíña, candidato de CxG por Pontevedra ten claro que o proxecto desta nova formación ten que continuar pero tamén non pecha portas a un diálogo amplo con todas as formacións nacionalistas. Felicita a AGE polos resultados e asegura que o BNG "é imprescindible" en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 25/10/2012 | Actualizada ás 00:10

Comparte esta noticia

Apañou máis de 800 votos en Lalín --a súa localidade natal-- e converteu a CxG na terceira forza máis votada desa localidade. Por iso, non descarta volver a este municipio como candidato nas vindeiras municipais. Recoñece que os resultados de Compromiso non foron bos pero agarda que o 21-O sirva para consolidar un proxecto de futuro.

Rafael Cuíña
Rafael Cuíña

Di que deixou amigos no PPdeG pero que se sinte moni "cómodo" na súa formación nacionalista. Unha forza, di, que é de "centro-esquerda". As tarefas máis urxentes; "congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo".

Galicia Confidencial (GC).- Xa pasaron uns días dos comicios. Agora, en frío, como valoras os resultados?

Rafael Cuíña (RC).- Pois non foron bos. Agardaba máis, certamente. Demasiados atrancos no camiño en tan pouco tempo. E asumo a miña cuota de responsabilidade. Puxen o meu cargo a disposición da executiva e por unanimidade pedíronme que seguise con máis forza se cabe. Só podo dar as grazas aos meus compañeiros pola xenerosidade.

GC.- Cres que CxG pode chegar a máis deses 16.000 galegos que apostaron por ela?

RC.- É evidente que o creo

GC.- E como?

RC.- Temos que facer xa ese congreso constituinte e que a marca política sexa coñecida. Daba a sensación de que a algúns non lle interesaba que fose coñecida. Eles saberán porque.

GC.- Que cousas habería que mellorar a partir de agora?

RC.- Reforzar as estruturas comarcais, definir ante a sociedade o que é CxG, e moita humildade para asumir os nosos erros.

"Centro-esquerda"

GC.- Unha crítica que se vos fai é que non se sabe se CxG é unha formación de dereitas, de esquerdas ou de centro?

RC.- Ou non se quere saber... nesta formación hai galeguistas progresistas até xente da esquerda renovadora. Está claramente situada no centro-esquerda Galeguista-nacionalista.

GC.-  Foron as túas primeiras eleccións como candidato ao Parlamento. Cales son as túas impresións?

RC.- A experiencia foi boa. Fixen case 6.000 km, reuninme con todo tipo de colectivos, falei cunha cantidade inxente de persoas. En resumo, a día de hoxe coñezo moito mellor a problemática da miña provincia.

GC.- E se tiveras que elexir algún momento destes 15 días de campaña, con cal te quedarías?

RC.- O mitin de Lalín co auditorio cheo, e a impresión que me causou a cantidade de xente que está descontenta cos políticos. (Con toda a razón)

GC.- Acadaches máis de 800 votos en Lalín. Xa pensas nas municipais?

RC.- Pensamos como organización, si, serán as nosas eleccións, como xa tiñamos previsto. Estou moi orgulloso da resposta dun pobo como o lalinense no que tan difícil é non votar ao PP, que baixou 900 votos. CxG será moi importante alí tamén.

"Atado ao mástil"

GC.- E cres que CxG chegará como partido a esa cita electoral?

RC.- Non teño a menor dúbida. O certo é que xa o propio domingo escoitei cantos de serea. Estou atado ao mástil...

GC.- Os principais medios falan da ausencia dun líder carismático, estás dacordo?

RC.- Creo que Xoán Bascuas é un traballador incansable, con unha idea clara do que quere para esta terra, e unha excelente persoa. Creo máis en eso que en lumes de artificio.

Felicitacións

GC.- E a que cres que se debe o éxito de AGE?

RC.- Pois a que moitas persoas pensaron que a súa mensaxe recollía a indignación social contra un goberno evidentemente negativo para esta terra. Eu alégrome por eles, sobre todo por Martiño e Beiras que o merecen. É coñecido que a min non me gustaba un pacto cun partido non nacionalista como IU. Os felicito sinceiramente.

GC.- Pensas que esta formación apañou votos do voso electorado?

RC.- Penso que é evidente

Acordo nacionalista

GC.- Tamén hai quen fala de volver a reeditar un pacto nacionalista. Cres que logo da escisión no BNG se pode chegar a un novo acordo entre formacións nacionalistas?

RC.- Pois o que hai que ofertar son produtos en función dunha demanda. O BNG é necesario para Galiza, sempre o foi. Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista, e queira que os centros de decisión estean en esta terra.

GC.- Foches militante do PP durante moitos anos. Como te ves como candidato noutra formación?

RC.- Pois sinto que agora, nunha formación nacionalista, estou na miña casa, ideoloxicamente falando.

GC.- E a xente non te pregunta porque deixaches o PP? e que lle dis logo de que esa formación volvera a arrasar nas eleccións?

RC.- Non perdo moito o tempo con este tipo de cuestións. Eu marchei de alí porque non teño nada que ver con eles. No persoal teño moi boas amistades alí.

GC.- Pero hai quen se puxo contento no PP de Pontevedra polos seus resultados? Parece que algúns non lle querían ben nesta formación...

RC.- Supoño que a vida é así. Eu miro cara adiante, nin para atrás nin para o lado. O PP ten o meu respecto, mais non é o meu proxecto. Eu son galeguista. Por certo, parabéns polo seu resultado.

GC.- E, agora, cales son os retos inmediatos?

RC.- Congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo, moito...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

29 Pardo de Cela

Semlha que Rafael Cuiña vai tornar em grande referente do pais... mais que nada porque é dos poucos que defende "a suas ferramentas de construçóm" ADIANTE CxG!!!

28 Marxo

Neste país hai un pensamento totalmente provinciano, xa o demostra o CIS, incluso entre a xuventude. O éxito de AGE ben da man de acoller comodamente a xente que se sinte tan ou máis española que galega. E moitos dinlle ao BNG que se quere votos tería que deixar de ser tan galeguista e tan anti-colonialista, se deixa de haber conciencia nacional en Galiza, o BNG por coherencia debe morrer! Que vos preste aos "nacionalistas" o invento traga votos de AGE, o verdadeiro galeguismo, dos que nos sentimos galegos de nación reflicte a declive deste país, BNG e CxG derrotados. Cando o BNG perda grupo parlamentar xa podemos deixar de falar de Galiza como nación histórica. Pois só teriamos no parlamento a IU PSOE e PP como en Murcia.

1 Rexo

Alternativa Galega de Esquerdas é tan nacionalista como o BNG e desde logo moito máis de esquerda. Seguide no BNG ,como fai o Papa Negro no Sermón Galiza e como fai elección tras eleccións, botándolle a culpa aos de fóra, aos medios de comunicación e ao españolismo.

2 Marxo

Xente que pedía que non levara o termo nacionalista no nome, enquisas OBXETIVAS do CIS que indican a perda da conciencia de nación, conexión con movementos sociais como o dos indignados que AGE fixo moi ben pero que en Galiza ao contrario que Euskadi e Catalunya non pedía a descentralización nin o dereito á independecia, porque a mocidade galega perdeu iso etc etc Gañastes votos pero porque vos amoldastes á españolización do país. O BNG tranquilo, vai seguir, se o pobo premia a súa coherencia e o seu traballo ben, e senón que morra. O peor que podería facer, para min que son galeguista, é facer como AGE e para gañar votos venderse e facerse rexionalista ou provincialista.

3 Marxo

Eu teño amigos que se sinten españois de nación e de esquerdas, e votaron a AGE porque como é lóxico o BNG non os representa. Eu aspiro a que o BNG ou CxG manteñan a coherencia e os convenza nun futuro. Pero se che digo a verdade eu creo que xa pasamos dun punto de non retorno, vamos no bloque nas provincias de España que queren a recentralización lonxe do GalEusCat.

4 Pardo de Cela

Concordo plenamente; AGE é umha espanholada que por moi de esquerdas que se defina, nom deixa de ser espanholada. HÁ QUE APOIAR AGORA MAIS QUE NUNCA A CxG E A BNG!!!

5 mk__

Pois eu coñezo galegos que se senten só galegos, militando no nacionalismo desde hai ben de anos e votaron AGE. Quizá porque as organizacions que forman AGE non se opuxeron nen insultaron aos indignados gañaron parte dos seus votos, como teoria ten o seu aquel, meu. E se non decataches que o problema non é de teoria (que o BNG ten de sobra), senón de práctica e de como se visualiza esa practica. E non cres que o BNG (si, incluindo aos de Anova) algunha responsabilidade terán nesa perda de conciencia nacional?

6 Marxo

Tendo só a pata da esquerda é moi complexo defender á nación. Triunfou, tamén entre a xente nova, ese discurso de ser non-nacionalista cando realmente defendes posicións españolistas no teu discurso, porque a carga nacionalista 0 neste contexto só a teñen os anarquistas. Iso en Catalunya e Euskadi está totalmente desenmascarado e a xente é coherente con iso, alí a xente que se di galeguista como Feijóo e logo é españolista na práctica é ridiculizada, aquí non. O BNG non loitou por espazos de debate para que a xente o entenda mais AGE o que fixo foi aproveitar esa incoherencia para gañar votos de todos lados.

7 anonimo

Seguide con esas analises tan lúcidas que vades polo bo camiño.

8 mk__

Creo que o teu problema na analise é que non podes entender que nacionalistas galegos preferiran votar AGE (a pesar de EU) e non a unha forza 100% galega coma o BNG. Pois fixerono e non se arrepinten, polo menos no meu caso. Só para que poidas sair do teu bucle, xa que empatia non semella que che sobre, prantexache a pregunta ao revés. Que fixo o BNG para que nacionalistas de esquerda non votaran por el?

9 Marxo

O problema que tedes é que se CxG sacara os 9 deputados daríavos toda a razón porque teríades as probas na realidade do que dicides, pero non é así. Que facían falla outras formas no BNG, a campaña de CxG foi moi boa etc etc Mais non é así coitadiños, seguídelle dando as costas á realidade pero está moi claro, Galiza españolízase, baixa a conciencia nacional, dio o CIS constantemente, e vos desteslle cabiada a todos os galegos de esquerdas que se sinten tan españois coma galegos metendo a IU no parlmanento galego. Noraboa, mais para os galegos de nación é unha época triste.

10 coriscada

Assim ides.... Se morre o BNG morre Galícia nación. Do que se deduz que fora do BNG nom há nación galega. Descuidade, enterraremos vossas cinzas no Dólmen de Axeitos. E na lápida a legenda " Aquí ficam os restos da nazóm galega, nada o 26 de setembro de 1982, falecida o xx de xxxxxxx do 2016". Repouse em Paz

11 Marxo

E dalle, e dalle ... Coriscada ti ves outro partido nacional no parlamento galego ? Eu vexo unha coalición con EU que se abriu ideolóxicamente para aceptar a xente con sensibilidade española. Iso é un logro para calquer español de nación. Eu NON digo que o BNG sexa a nación, digo que ningún partido galego ten máis de 7 deputados no parlamento agora mesmo.

12 coriscada

Há Galiza nazóm, Marxo. E como todas as nacions, variada e composta por centos de diferentes, como se di agora, "sensibilidades", nem toda ela se expressa no Bloco, nem se deixará de expressar se o Bloco desaparece. Teremos outras forzas seguramente bem mais dinámicas. Ou pensas que EU tem alguma possibilidade de acadar 5 deputados pola súa conta?? Nem 3, nem 2, nem 1. Negociar, como fez Anova, e saber ceder e sair adiante. O de Amio porém, foi um suicidio e o do domingo uma morte anunciada. Estaredes melhor fora.

13 Marxo

Póñoche o exemplo en procesos de construcción nacional exitosos, Euskadi e Catalunya. Chegaran as europeas e daquela Bildu e Esquerra poderán pactar co BNG, a ver se che explican eles mellor ca min o que é AGE cando vexas que na vida pactarían para as europeas cun grupo no que está EU,e se os vas a acusar de pouco demócratas ou de pouco "dinámicos" ala ti,tes en Amio a proba de que a incapacidade de facer política madura ao fuxir tras un empate está en Anova, e aínda así os irresponsables son os militantes do BNG, os que apoiaron a Beiras e siguen no BNG imaxino que tamén.

14 coriscada

Bom, Marxo. Eu também nom vejo Anova indo nas europeias com IU, mas como isso polo de agora é aínda política ficióm, vamos deixalo por aí. Só uma cousa... As bágoas que nom daba para esconder o domingo podem vir de confundir sentimento com certeza. O tempo dirá. Saúdos

15 Marxo

Xa, claro, é que o que ten a incoherencia, non era que EU era un corpo federado independente? Seguide xogando a publicistas que é moi diver, é moi diver facer política para gañar esquecéndose das túas ideas. Mais repito o que pasou o domingo é un punto de inflexión na nosa nación. O tempo dirá,si,mais xa perdimos na historia cun proceso con similitudes ao nacionalismo galego conservador para agora poder perder ao de esquerdas por un esquerdismo "apátrida" flexíbel e amplo. E pode que mañá espertemos en Murcia, se non estamos xa.

16 coriscada

Marxo. Nom tenho nada que ver com Anova, nem com AGE. Formei parte duma lista eleitoral de Converxencia XXI. Fomos sós, porque temos claras dúas cousas A. Nom confudimos ao eleitorado apressentandonos com espanhois e B. Nom confudimos ao eleiterado apresentandonos com nacionalistas de esquerda (como parece que nom lhe importa ao da entrevista). Pola minha parte só espero que a esquerda galega se aclare de uma vez por todas, constrúa um partido forte e bem estruturado, onde os que o leven ao sucesso tenham seu premio, e os que o levem ao fracasso levem seu castigo. E a ver se assim fica um espazo claro onde nós, os nacionalistas de direita possamos enxergar as nossas possibilidades e arrincarlhe votos ao espanholismo de direita. Qué, como é natural (Fraga falaba assim, jejejeje) somos os únicos que podemos. Boa tarde e Boa sorte

17 mk__

Se segues a repetir o mesmo unha e outra vez, non vas chegar a nengunha conclusión que non teñas chegado antes. Repitoche a pregunta: Que fixo o BNG para que nacionalistas de esquerda non votaran por el?

18 Marxo

Coriscada agora concordo totalmente contigo, non entendo a túa defensa anterior do pacto entre ANova e IU. MK Ter a unha persoa da rúa e bastante sosa aínda que coherente presentadose ás eleccións e non a un showman.

19 coriscada

Bom, as análises de porque sucedeu o que sucedeu podem ser de todo tipo. Eu penso que Anova está agora comezando a construir o que espero que consigan, o partido da esquerda galega. Dende o meu ponto de vista (e aínda com problemas obvios) há mais possibilidades partindo deles que partindo do Bloco. Mas de todo isto há moito que falar aínda. Por certo se és de Lugo e se nom és também, estás invitado á próxima ceia do Ateneo Liberal Lugués. http://www.facebook.com/events/2988...

20 mk__

ha ha ha ha ha ha ha ha.... se ese é a tua análise, ide preparando os papeis do INEM, para comezar da Deputación de Lugo e da maioria dos concellos tamén. Alguns crimos que se levavades algunhas hostias (electorais) ao mellor enderezabades, pero vexo que nen así.

21 coriscada

Ahhh!!! Por se nom ficou claro AGE é uma coalizóm eleitoral, de aí nom sairá nenhum partido. O partido galego de esquerdas tem a ver com Anova nom com EU. As cousas vam por aí dende o meu ponto de vista.

22 Marxo

Coriscada xa me referin a eles así, eu engadiría coalizóm incoherente. Mk cando queiras contraargumentar a todo o que che levo dicindo adiante, senón non me interesa seguir, xa che dixen a parte ideolóxica pola cal AGE gaña votos, abríndose a un galeguismo máis integrado en España, de forma federal ou confederal, o cal demostra o feito de que non só o BNG senón CxG decaen. Un discurso moi moi simplificado, de feito aínda nin se fixo debate ideolóxico en AGE "para no molestar a nadie" e básicamente o efecto Beiras, o cal recoñecen os propios votantes. A ver se é para o século XXII cando deixamos de ter mesías na política galega.

23 Marxo

Posiblemente o BNG con Beiras houbera subido 2 e IU houbera entrado no parlamento con 1/2 representando á cidadanía sen conciencia nacional galega de esquerdas. E para debatir isto tes que ignorar todos os indicadores sociais e os datos, vamos.

24 mk__

Se queres discutir dos 200.000 votos da AGE, é unha cousa; e se queres discutir porque unha grande porcentaxe non xa de nacionalistas, senón dos independentistas que levan sendo-o desde hai moitos anos (e non só me refiro á FPG) votamos pola AGE, é outra ben diferente. E nesta última, é que hai persoas que estamos fartos en que a práctica caciquil do BNG sexa a mesma que a dos demais, e que non nos cremos os discursos do BNG, que están baleiros, coma cando Rubalcaba colleu a camisa socialista para a campaña. Eso son feitos. O BNG non só perdeu deputados, perdeu ser o referente do nacionalismo.

25 mk__

Beiras non é un líder, cicais, un símbolo de que un político pode baixar á rua, e pode tentar comprender o que pasa. Beiras resume o que foi o BNG, a ilusión de cambiar as cousas (e si, xa sei que é responsable da politica do BNG, pero os simbolos son o que teñen, que non teñen que ser reais). Se AGE non se tiver apresentado, o BNG seguiria a ser a 4ª forza política, despois dos votos en branco. E este BNG, con Beiras, teria baixado, menos, pero teria baixado igual. E utilizar a palabra argumento non fai que argumentes, meu; así que por terceira vez, cres que independentistas que levan 20 anos no sindical, no asociacionismo, na cultura deixaron de votar ao BNG porque Jorquera é soso?

26 Marxo

Non falas da incoherencia de AGE, eu de ti tampouco o faría, as miñas razóns son tamén as do CIS. Segues sen explicar porque ningún partido novo e sen as trabas que ti explicas galego triunfou nas eleccións, se o houbera feito pararía aquí de comentar e dariache toda a razón pero é que é ao contrario. O de que Beiras co BNG houbera baixado cando o propio CIS lle daba nestas con Jorquera 12 antes da brillante entrevista que fixo Beiras en VTelevisión, que foi TT, etc etc é simplemente un absurdo, sen probas e unha hipótese totalmente contraria aos datos que temos. Parece que estás moi nervoso por xustificar o teu voto a un invento con gaseosa estrano, eu non te quero convencer de nada, como ben dixo coriscada, o tempo dirá amigo.

27 mk__

Nervoso nengún a miña xustificación de voto é mais simple, como din na miña aldea, antes hai que ser persoas, por eso non votei ao BNG neste milenio nunca: Prefiro un demócrata eslovaco, a un cacique galego, así de simple. E prefiroo desde a perspectiva de estar militando no nacionalismo antes de que tiverades grupo parlamentario. Que me fales do enquérito do CIS, cando non preveu a real subida do PP, nen a baixada do PSOE nen a do BNG coma se fose un feito certo demostra o moito que coñeces o mundo dos enquéritos.

28 mk__

Non che podo explicar porque aconteceu o que aconteceu, non son Deus, nen o pretendo, podo falar de sensacions e perspectivas. E mira, o BNG nos últimos anos (e si, incluo a todos os que estaban nel, Beiras incluido), non sei coma dilapidaron socioloxicamente o nacionalismo como elemento innovador e transformador. De estar presente e ser a ponta de lanza da maxoria dos movimentos sociais, a desaparecer de case todos os que non poido absorver. Eso son procesos lentos, o divorcio non foi do Povo ao nacionalismo, foi do nacionalismo institucional ao Povo (o nacionalismo non-institucional sempre estivemos divorciados do Povo). E aí somos todos responsaveis, uns mais que outros, como dixo Quintana. E os comentarios dos últimos anos de que non existia o nacionalismo español, non axudou para enfrontar-se a el precisamente.

29 mk__

As contradiccións de AGE son moitas, quizá esa tamen sexa a sua virtude, a que os fai mais humanos que os puros e distantes. Porque o vivin, a grande diferencia de Galiza con Euskadi ou o Principat, é que na Galiza tentou-se ter unha liña única e nos outros lados as tácticas e estratexias foron multiples, e as veces, enfrontadas; o que os levou a unha pluralidade e transversalidade de opinións que coma nexo teñen a defensa dos seus territorios, superando as reivindicacións etnicistas e culturais. E aqui seguemos a mirar se temos o oso ou pelos nas orellas. E así nos vai.

30 mk__

E o de trunfar nas elecións é moi relativo. Porque depende de quen estexamos a falar. O BNG, non o fixo, evidentemente. CxG, non eran as suas elección, chegaron-lles moi cedo, sen preparación, pero parece-me un proxecto interesante se seguen a facer a sua e afortalan os seus puntais nas municipais, que os teñen. CXXI, pois os seus 1000 votos estan relativamente ben para o coñecemento que se ten deles, e persoalmente non acredito demasiado nos neo-liberais para este País, pero van facendo o seu traballo. Comunistas da Galiza conseguiron uns 1000 votos o cal sorprendeume nunhas eleccions caracterizadas polas mensaxes do voto útil. E o Partido da Terra, acadou os resultados historicos do independentismo. Así que non creo que fora un desastre para o nacionalismo, só para algunha das suas organizacions. E que coma premisa, se o 5% da población sente-se só galega, ao mellor os discursos maxoritarios non son o mais recomendable para que cambie esa situación.

31 mk__

Como axioma está ben eso de que a mellor defensa é un ataque, pero segues dando rodeos e non dando nengunha razon de porque alguns nacionalistas non votaron ao BNG?

32 Marxo

A-Dicir que CxG ,CXXI, os Comunistas galegos ou o PT triunfaron nas eleccións si que é vivir no mundo de yupi B-Cando falo do CIS non só falo das eleccións senón tamén do sentimento identitario perdido en Galicia mostrado nas enquisas sociolóxicas e C- Deixemos ao tempo falar, non hai máis que dicir, pode que isto sexa positivo para o país ou a súa devacle definitica, iso saberemolo a dez anos vista,e D-o voto nesta sociedade non sempre é explicable, dime ti porque os nosos vellos galeguistas votan disciplinadamente ao PP cada elección, cando nin son ignorantes e teñen acceso á información saúdos

33 mk__

CxG, CXXI; PT, Comunistas da Galiza.... non xogaban na mesma liga, así que tampouco se lle pode aplicar os mesmos criterios. Eran as suas primieras elecións, sen nomes consolidados, etc... Non foron espectaculares, pero non creo que fosen maus resultados, ainda que non teño falado con nengun dos seus militantes ultimamente. O do sentimento identitario si que me preocupa realmente, pero non é algo que se resolva no traballo institucional, nen facendo o mesmo que se fixo ata o de agora. O experimento AGE, é similar, ainda que con distintos actores ao de Compromis do Pais Valencià, e en clave nacional, estan a recuperar terreo, xa sei que Galiza non é Valencia, pero tampouco é Catalunya. O dos vellos galeguistas é sinxelo, porque decimos ou facemos algo que os asusta mais que FAES.

27 Rajoy.. de PonteMerda

Tan necesario coma o BNG no espectro politico galego e a idea politica que representa CxG... eso que non o dubide ninguen.

26 Cati

Este discurso de Cuíña é sensato e construtivo. Ese é o camiño, pois o inimigo non é o irmán nacionalista, senón o nacionalista español. Rafael está medrando moito nos corazóns dos galeguistas e terá a súa recompensa cando chegue o momento.

25 Uno de Pontevedra

Pero que os.. te has dado señorito. Pensabas que por ir de caciquillo de un partido qu eno conoce ni Dios ibas a triunfar. Por eso la caída fue tan grande. En el PP ya sabes que no te quiere nadie y, ahora, además, se ríen de tu caprichito de niño de papa

1 Carlos medelo

Non parece que por aquí compartan moito a túa tese, "un de Pontevedra". Alí no casino e nas touradas de señoritos sabedes un rato, non??