"Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista"

Rafael Cuíña, candidato de CxG por Pontevedra ten claro que o proxecto desta nova formación ten que continuar pero tamén non pecha portas a un diálogo amplo con todas as formacións nacionalistas. Felicita a AGE polos resultados e asegura que o BNG "é imprescindible" en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 25/10/2012 | Actualizada ás 00:10

Comparte esta noticia

Apañou máis de 800 votos en Lalín --a súa localidade natal-- e converteu a CxG na terceira forza máis votada desa localidade. Por iso, non descarta volver a este municipio como candidato nas vindeiras municipais. Recoñece que os resultados de Compromiso non foron bos pero agarda que o 21-O sirva para consolidar un proxecto de futuro.

Rafael Cuíña
Rafael Cuíña

Di que deixou amigos no PPdeG pero que se sinte moni "cómodo" na súa formación nacionalista. Unha forza, di, que é de "centro-esquerda". As tarefas máis urxentes; "congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo".

Galicia Confidencial (GC).- Xa pasaron uns días dos comicios. Agora, en frío, como valoras os resultados?

Rafael Cuíña (RC).- Pois non foron bos. Agardaba máis, certamente. Demasiados atrancos no camiño en tan pouco tempo. E asumo a miña cuota de responsabilidade. Puxen o meu cargo a disposición da executiva e por unanimidade pedíronme que seguise con máis forza se cabe. Só podo dar as grazas aos meus compañeiros pola xenerosidade.

GC.- Cres que CxG pode chegar a máis deses 16.000 galegos que apostaron por ela?

RC.- É evidente que o creo

GC.- E como?

RC.- Temos que facer xa ese congreso constituinte e que a marca política sexa coñecida. Daba a sensación de que a algúns non lle interesaba que fose coñecida. Eles saberán porque.

GC.- Que cousas habería que mellorar a partir de agora?

RC.- Reforzar as estruturas comarcais, definir ante a sociedade o que é CxG, e moita humildade para asumir os nosos erros.

"Centro-esquerda"

GC.- Unha crítica que se vos fai é que non se sabe se CxG é unha formación de dereitas, de esquerdas ou de centro?

RC.- Ou non se quere saber... nesta formación hai galeguistas progresistas até xente da esquerda renovadora. Está claramente situada no centro-esquerda Galeguista-nacionalista.

GC.-  Foron as túas primeiras eleccións como candidato ao Parlamento. Cales son as túas impresións?

RC.- A experiencia foi boa. Fixen case 6.000 km, reuninme con todo tipo de colectivos, falei cunha cantidade inxente de persoas. En resumo, a día de hoxe coñezo moito mellor a problemática da miña provincia.

GC.- E se tiveras que elexir algún momento destes 15 días de campaña, con cal te quedarías?

RC.- O mitin de Lalín co auditorio cheo, e a impresión que me causou a cantidade de xente que está descontenta cos políticos. (Con toda a razón)

GC.- Acadaches máis de 800 votos en Lalín. Xa pensas nas municipais?

RC.- Pensamos como organización, si, serán as nosas eleccións, como xa tiñamos previsto. Estou moi orgulloso da resposta dun pobo como o lalinense no que tan difícil é non votar ao PP, que baixou 900 votos. CxG será moi importante alí tamén.

"Atado ao mástil"

GC.- E cres que CxG chegará como partido a esa cita electoral?

RC.- Non teño a menor dúbida. O certo é que xa o propio domingo escoitei cantos de serea. Estou atado ao mástil...

GC.- Os principais medios falan da ausencia dun líder carismático, estás dacordo?

RC.- Creo que Xoán Bascuas é un traballador incansable, con unha idea clara do que quere para esta terra, e unha excelente persoa. Creo máis en eso que en lumes de artificio.

Felicitacións

GC.- E a que cres que se debe o éxito de AGE?

RC.- Pois a que moitas persoas pensaron que a súa mensaxe recollía a indignación social contra un goberno evidentemente negativo para esta terra. Eu alégrome por eles, sobre todo por Martiño e Beiras que o merecen. É coñecido que a min non me gustaba un pacto cun partido non nacionalista como IU. Os felicito sinceiramente.

GC.- Pensas que esta formación apañou votos do voso electorado?

RC.- Penso que é evidente

Acordo nacionalista

GC.- Tamén hai quen fala de volver a reeditar un pacto nacionalista. Cres que logo da escisión no BNG se pode chegar a un novo acordo entre formacións nacionalistas?

RC.- Pois o que hai que ofertar son produtos en función dunha demanda. O BNG é necesario para Galiza, sempre o foi. Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista, e queira que os centros de decisión estean en esta terra.

GC.- Foches militante do PP durante moitos anos. Como te ves como candidato noutra formación?

RC.- Pois sinto que agora, nunha formación nacionalista, estou na miña casa, ideoloxicamente falando.

GC.- E a xente non te pregunta porque deixaches o PP? e que lle dis logo de que esa formación volvera a arrasar nas eleccións?

RC.- Non perdo moito o tempo con este tipo de cuestións. Eu marchei de alí porque non teño nada que ver con eles. No persoal teño moi boas amistades alí.

GC.- Pero hai quen se puxo contento no PP de Pontevedra polos seus resultados? Parece que algúns non lle querían ben nesta formación...

RC.- Supoño que a vida é así. Eu miro cara adiante, nin para atrás nin para o lado. O PP ten o meu respecto, mais non é o meu proxecto. Eu son galeguista. Por certo, parabéns polo seu resultado.

GC.- E, agora, cales son os retos inmediatos?

RC.- Congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo, moito...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

34 Faxil

Votei a AGE porque penso que hai que botar a esa recua da Xunta, agora o discurso de Cuiña e bon para o nacionalismo e ele é xeneroso e humilde nas súas verbas co que o parabenizo e respeto

1 Buli

a melhor garantia de umha maioria do pp e a visualizaciom do discurso de age. Age é um sparring politico, a melhor opossiçom que pode ter o pp. Ja se cansaram, que 16 anos dam para muito.

33 antiburras

AGE é unha estafa ao electorado galego A xente pensou que votaba a Vieras cando en realidade estaba votando a Cayo Lara

1 anonimo

seguides nas mesmas eh? Non dades aprendido, mira que sodes burriños!

2 mk__

Os do BNG xa vos encargachedes que quedara clariño que era AGE, é mais, acredito que sen a vosa grande anti-campaña os resultados da AGE serian sensiblemente inferiores.

32 antiburras

Con votos ou sen votos, os de Compromiso son dos nosos, non como eses que se presentan como a marca blanca de hipermercados Cayo Lara.

31 Atónito

El pueblo gallego habló claro el domingo y relegó a este señor por detrás de UPyD, a pesar de que el candidato de ese partido era conocido en su casa a la hora de comer. Fracaso más grande si se tiene en cuenta que lleva años de promoción personal por todos los medios audiovisuales. Nadie se fue con él del PP y casi nadie quiso estar con él dentro del nacionalismo gallego, como se ha probado este domingo. Pero el hooligan sigue haciendo su trabajo aquí con lo de hago daño y me tienen miedo...

1 Cacique 700

Falas como se os votos do PP fosen moi críticos en Galicia, a maioría veñen de vellos disciplinados que non valoran a democracia e o resto de xente que vota como quen é do Madrid ou do Barça e sen voto do castigo sumado aos que acarrexan. Podes fachedear ben.

2 Pipo

Por cierto, Terra Galega, uno de los componentes de CxG sacó más votos en solitario en las autonómicas de 2009, (18.400) que todo CxG en 2012 (14.459). Va a resultar que este personaje es gafe, o que espanta al electorado. Esa es la realidad de los datos

3 Terrícola

"Tierra Gallega", Pipo... ti chámalle "Tierra Gallega"

30 Xisé Hermida

Tamén coñecín a Rafa esta campaña en Moraña. É un tío admirable que demostra cantas etiquetas temos que tirar os galegos para chegar a ser nazón algún día.