"Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista"

Rafael Cuíña, candidato de CxG por Pontevedra ten claro que o proxecto desta nova formación ten que continuar pero tamén non pecha portas a un diálogo amplo con todas as formacións nacionalistas. Felicita a AGE polos resultados e asegura que o BNG "é imprescindible" en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 25/10/2012 | Actualizada ás 00:10

Comparte esta noticia

Apañou máis de 800 votos en Lalín --a súa localidade natal-- e converteu a CxG na terceira forza máis votada desa localidade. Por iso, non descarta volver a este municipio como candidato nas vindeiras municipais. Recoñece que os resultados de Compromiso non foron bos pero agarda que o 21-O sirva para consolidar un proxecto de futuro.

Rafael Cuíña
Rafael Cuíña

Di que deixou amigos no PPdeG pero que se sinte moni "cómodo" na súa formación nacionalista. Unha forza, di, que é de "centro-esquerda". As tarefas máis urxentes; "congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo".

Galicia Confidencial (GC).- Xa pasaron uns días dos comicios. Agora, en frío, como valoras os resultados?

Rafael Cuíña (RC).- Pois non foron bos. Agardaba máis, certamente. Demasiados atrancos no camiño en tan pouco tempo. E asumo a miña cuota de responsabilidade. Puxen o meu cargo a disposición da executiva e por unanimidade pedíronme que seguise con máis forza se cabe. Só podo dar as grazas aos meus compañeiros pola xenerosidade.

GC.- Cres que CxG pode chegar a máis deses 16.000 galegos que apostaron por ela?

RC.- É evidente que o creo

GC.- E como?

RC.- Temos que facer xa ese congreso constituinte e que a marca política sexa coñecida. Daba a sensación de que a algúns non lle interesaba que fose coñecida. Eles saberán porque.

GC.- Que cousas habería que mellorar a partir de agora?

RC.- Reforzar as estruturas comarcais, definir ante a sociedade o que é CxG, e moita humildade para asumir os nosos erros.

"Centro-esquerda"

GC.- Unha crítica que se vos fai é que non se sabe se CxG é unha formación de dereitas, de esquerdas ou de centro?

RC.- Ou non se quere saber... nesta formación hai galeguistas progresistas até xente da esquerda renovadora. Está claramente situada no centro-esquerda Galeguista-nacionalista.

GC.-  Foron as túas primeiras eleccións como candidato ao Parlamento. Cales son as túas impresións?

RC.- A experiencia foi boa. Fixen case 6.000 km, reuninme con todo tipo de colectivos, falei cunha cantidade inxente de persoas. En resumo, a día de hoxe coñezo moito mellor a problemática da miña provincia.

GC.- E se tiveras que elexir algún momento destes 15 días de campaña, con cal te quedarías?

RC.- O mitin de Lalín co auditorio cheo, e a impresión que me causou a cantidade de xente que está descontenta cos políticos. (Con toda a razón)

GC.- Acadaches máis de 800 votos en Lalín. Xa pensas nas municipais?

RC.- Pensamos como organización, si, serán as nosas eleccións, como xa tiñamos previsto. Estou moi orgulloso da resposta dun pobo como o lalinense no que tan difícil é non votar ao PP, que baixou 900 votos. CxG será moi importante alí tamén.

"Atado ao mástil"

GC.- E cres que CxG chegará como partido a esa cita electoral?

RC.- Non teño a menor dúbida. O certo é que xa o propio domingo escoitei cantos de serea. Estou atado ao mástil...

GC.- Os principais medios falan da ausencia dun líder carismático, estás dacordo?

RC.- Creo que Xoán Bascuas é un traballador incansable, con unha idea clara do que quere para esta terra, e unha excelente persoa. Creo máis en eso que en lumes de artificio.

Felicitacións

GC.- E a que cres que se debe o éxito de AGE?

RC.- Pois a que moitas persoas pensaron que a súa mensaxe recollía a indignación social contra un goberno evidentemente negativo para esta terra. Eu alégrome por eles, sobre todo por Martiño e Beiras que o merecen. É coñecido que a min non me gustaba un pacto cun partido non nacionalista como IU. Os felicito sinceiramente.

GC.- Pensas que esta formación apañou votos do voso electorado?

RC.- Penso que é evidente

Acordo nacionalista

GC.- Tamén hai quen fala de volver a reeditar un pacto nacionalista. Cres que logo da escisión no BNG se pode chegar a un novo acordo entre formacións nacionalistas?

RC.- Pois o que hai que ofertar son produtos en función dunha demanda. O BNG é necesario para Galiza, sempre o foi. Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista, e queira que os centros de decisión estean en esta terra.

GC.- Foches militante do PP durante moitos anos. Como te ves como candidato noutra formación?

RC.- Pois sinto que agora, nunha formación nacionalista, estou na miña casa, ideoloxicamente falando.

GC.- E a xente non te pregunta porque deixaches o PP? e que lle dis logo de que esa formación volvera a arrasar nas eleccións?

RC.- Non perdo moito o tempo con este tipo de cuestións. Eu marchei de alí porque non teño nada que ver con eles. No persoal teño moi boas amistades alí.

GC.- Pero hai quen se puxo contento no PP de Pontevedra polos seus resultados? Parece que algúns non lle querían ben nesta formación...

RC.- Supoño que a vida é así. Eu miro cara adiante, nin para atrás nin para o lado. O PP ten o meu respecto, mais non é o meu proxecto. Eu son galeguista. Por certo, parabéns polo seu resultado.

GC.- E, agora, cales son os retos inmediatos?

RC.- Congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo, moito...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

24 PARABENS

Parabens polo resultado en Lalin, guste ou non guste, o fixo ben no seu pobo. Polotanto ten que presentarse as municipais. O erro de CxG, e non sair das municipais, xa estaría gobernando uns canto Concellos. Porcerto, si tivera gañas de facer carreira política, o tiña mais doado no PP, como o fillo de Baltar, non si?

23 M.H.

Pois sí,CxG ten soio uns meses, pero dentro estasé moi a gusto. Agora o congreso e a seguir camiñando dentro do nacionalismo, pero mellor soios que voltar ás leas e asambleas interminable e inutiles. A entrevista transmite sentimento, sinceridade e nobleza.E persoas así hai moitas que cando se coñeza o proxecto de Compromiso están dispostas a traballar polo paisen clave de pais. En fin, gustoume.

22 adrián

Xa decíamos nestas crónicas que a campaña de "todos contra o PP" estuvo mal prantexada e que tería como única consecuencia un novo reparto e trasvase do voto opositor unionista. Os unionistas evitaron introducir o problema nacional galego na campaña, nunha mostra máis de acomplexamento e timoratismo e, ao final, o resultado foi catástrófico para o BNG e o PSdG. O quintanismo, expresado en CxG xa se contou e xa non pode fardar de nada. http://cronicasindepes.blogspot.com...

21 Galeguista de Silleda

O respecto que demostras nas túas palabras e a autocrítica que fas, engrandecen a túa persona. A seguir traballando polo galeguismo con moita forza.

20 Coiro

Galicia é celta,protocelta, os pais dos celtas, o país do sol poñante, o Occidente , a costa da Morte e moitas cousas máis das que nunca nos falaron os do BNG. Ao revés, eles son, sic "umha equipa campeona" (jorquera dixit) que nos falou de castrexos...? quen son eses, unha raza autótona, seica, ou viñeron da lúa... Pondal era un toliño, por? crente e celtista?Gustaríame coñecer o himno que teríamos se o tivesen que facer os do BNG. Agardo que CxG ocupe ese espazo que o bloque non soubo, polo ben de Galicia.

1 Cuentame un cuento

Galicia é a terra de Franco, de Fraga, do mexan por nos e dicimos que chove, do "y que hay de lo mio", do "ti vai facendo", do cazador e pescador furtivo, do "a ese medio metro de terra que ninguén mo toque"... a terra onde o PP gaña ano tras ano grazas aos "indomables" descendientes de Breogán... ¿de que carallo falades?

2 Coiro

si, e amais diso que dis tamén é a terra dos celtas e de prisciliano e o primeiro reino cristián de Europa occidental, quen de contruir, neses séculos que din escuros, nada menos que a catedral de Santiago, e ser o berce do que hoxe chamamos España, Portugal e mesmo Europa. E tamén somos , por suposto, os fillos de Breogán. Galicia existe alén de Castelao e Franco, sabíalo?

3 Liste

Galiza é a terra do General Líster! Lê!

4 Coiro

alén de Castelao e Franco, dicía ;) Tamén é a terra de Viriato, dos Irmandiños, de Pedro Madruga, etc, etc

5 Cuentame un cuento

Si, si, podedes ir máis atrás e chegar ata o home das cavernas. Galicia é, desde hai moito tempo, unha terra feudal, cunha poboación patética que vota quen lle dá polo cú. Xunto con Madrid somos a reserva espiritual de occidente, o feudo da dereita máis rancia. De verdade, cando vos escoito falar parecédesme avós cebolletas, ou extraterrestres. ¿En qué Galicia vivides vos paisanos?

6 coiro

Non sei de quen falas cando utilizas o plural, eu non milito en ningures. En canto á reserva espiritual de occidente éo, sen discusión, que outro punto de Europa hai que vaia a xente en peregrinación dende hai séculos? Galicia. E preguntas en que Galicia vivo?, devólvocha enteiriña, en que Galicia vives ti?

7 Cuentame un cuento

Eu vivo na Galicia do punto 1. Penso que ti tamén, aínda que vos montedes unha película de Mary Poppins para nenos de entre 0 e 3 anos.

8 para liste

sí, tes razón. É tamén a terra dese asasino!!