Feijóo teme a oposición de AGE

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2012 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

"Teñen unha importantísima carencia democrática". Así de contundente se amosou Alberto Núñez Feijóo sobre o discurso dos líderes de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Feijóo en rolda de prensa en San Caetano
Feijóo en rolda de prensa en San Caetano

E é que ao presidente da Xunta non lle están a gustar as manifestacións que estes dirixentes están realizando nos medios de comunicación sobre a oposición que farán na Cámara. Por iso, non dubidou en suliñar que está "inquedo" con algunhas das súas declaracións, as últimas, as de Yolanda Díaz, que dixo que AGE "vai a por o PPdeG". 

"Ameazan"

Nunha entrevista á axencia Europa Press publicada na súa web, Feijóo criticou que tanto Beiras como Díaz "ameacen" aos populares antes de tomar posesión na Cámara e lembrou que el chamou á calma aos seus dirixentes na primeira xunta directiva popular logo dos comicios. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu.

Sobre a posibilidade de que el e Beiras poidan acabar fundidos nun abrazo, como aconteceu entre Fraga e o líder de AGE, amouse exceptico, precisamente, pola violencia verbal que o histórico líder nacionalista utiliza ao referirse a el.

Situación "moi complicada"

Por outra banda, Feijóo anunciou que a primeira parte do seu novo mandato --os anos 2013 e 2014-- será "moi complicada", pero insistiu en que mantén o obxectivo de que Galicia cre emprego na IX Lexislatura porque confía en que o camiño da recuperación económica arrancará a partir de 2015.

"A primeira metade da lexislatura, os anos 2013 e 2014, a situación vai seguir sendo moi complicada, pero espero que en 2015 e 2016 empecemos unha senda de recuperación económica e, en consecuencias.

Por iso, suliñou que tentará ofertar a uns 6.000 laborais fixos da Comunidade consolidar a súa posición xurídica converténdoos en funcionarios". "Xa o estudamos no anterior mandato", admitiu, antes de explicar que a proposta se exporá aos sindicatos e concretarase nunha nova Lei de Función Pública.

Vicepresidente

O líder do PPdeG tampouco descartou a creación, nesta lexislatura, da figura do vicepresidente. Un cargo que podería ocupar o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Sobre isto, Feijóo dixo que o seu número dous sería un "bo candidato", pero insistiu en que non tomou unha decisión ao respecto. "Se o Goberno tivese vicepresidente, Rueda sería un bo vicepresidente", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 111 comentarios

14 Cashondomental

Máis para botar unha risa, non é conha, ollade isto, é unha perla dunha "sindicalista": «A esquerda sensible pode parar leis e recortes, que é mellor que facer folgas».Ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha...nº2 da lista de AGE, sindicalista da CIG, ha,ha,ha, Chelo Martínez...ha,ha,ha: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Cashondomental

Hai cousa de 8 anos deixei o Bloque pola deriva autonomista que levaba, cos que máis discutía non eran coa chavalada da UPGHA senon con outros que dicían que había que moderar o discurso no BNG que así non iamos a nengures...e toda esa xente que me criticaba está aghora en AGE...ha,ha,ha,ha. Perdonade pero penso que o nacionalismo en Galiza está acabado, a non ser que a UPGHA resusite das súas cinzas e o Paco Rodrighes (que ten bastante sentidinho) de un sapataso de verdade...

2 Mente

Concordo co teu segundo apuntamento. Eu deixei o BNG vai cousa duns dez anos (cando Beiras xantaba co fascista Fraga no Vilas). Mais desde fai uns meses voltei a militar no BNG despois da decisión asemblearia tomada en Amio: Asemblearismo, máis soberanismo e esquerda. E desde logo non boto de menos a certos individuos que se adican a escarallar o proxecto de liberación nacional galego desde dentro.

13 Chegalego

................"Llegó el Comandante y mandó parar".

1 Cashondomental

Así en egpañol, por iso da "deferencia" e nos entendan todos...ha,ha,ha,ha...iso a Feijóo "se la refanfinfla"...que non aprendedes!

12 Nandiño

Feijoo: Acostumado a non ter oposición no Parlamento durante catro anos, sabe perfectamente que Alternativa Galega de Esquerda é quen lle vai parar os pes co conxunto da sociedade galega que non votou ao Partido Podrido. Feijoo aínda non sabe a que lle ven enriba. Mentres tanto os trolls da UPG ao seu a traballar para o PP

1 Cashondomental

ha,ha,ha,ha,ha,ha...Feijóo dí, teño maioría absoluta. Si se me poñen chulos estes de AGE dígolle a La Voz que empece a darlles caña como fixen co BNG. Non aprendedes? ha,ha,ha,ha,ha,ha. Por certo, votei Escanos en Branco porque sodes patéticos todos. Ha,ha,ha,ha,ha...

2 Fóra do país dos ananos

Aí, aí, nihilismo e exceso! Con tanta hostilidade e tanto desiderátum, no Toural non vai ficar nin un oco libre para se manifestar en condicións!

11 OJE

Feijóo anda na procura de sparring para facer um apanho de luta livre. A estes de AGE tuda a força se lhes vai pola boca.

10 Cashondomental

Ha,ha,ha...mira que me parto co titular de GC. Si, home sí, están acohonados de medo coa maioría absoluta e despois de ver o que fan Juanito Fajardo en Vilagarcía e Yolanda Diaz en Ferrol...ghuerreiros, mazo gherreiros...ha,ha,ha. E xa non digamos polo Lider, vaille facer unha graza levantarse cedo para ir aos plenos do parlamento...ha,ha,ha. O PP está mellor que nunca: o BNG en horas baixas e polo tanto a temida UPG tamén. Mellor imposíbel para os pepeiros.

1 augadoce

A temida UPG, non me fagas rir, con Jorquera que só sabera ler o que lle escreben no papel, e despaciño para non confundirse (xa se veu o medo que lle tivo Feijoo no debate da galega). Ou espera, con Pontón, que non sabe nin levantar a voz... ou sera con Montse Prado, que so sabe decir frases feitas. A UPG xa solo mete medo aos seus acolitos da APU e o grupo parlamentario do BNG da risa.... Hala, ide felicitar a Feijoo de segunda pola victoria e de paso pactade con el que vos dea un pouco de cancha, que se non.... ides acabar competindo con NOS-UP en apoios.

2 Cashondomental

Pois alédate augadoce, o BNG e a UPG xa non é un problema. Pero, non me digas que non é cachondo o titular de GC...é boísimo. Feijóo acohonado con Yolanda, Juanito e Beiras? HA,HA,HA,HA,HA,HA,HA,HA