O BNG critica que Feijóo non presentase unha proposta dos fondos europeos de reconstrución para Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2020 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, criticou que o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, acudise este venres á Conferencia de Presidentes sen unha proposta concretando a contía dos fondos europeos de reconstrución que reclama para Galicia e considerou que "non exerceu de presidente".

Nun comunicado, Miranda indicou este sábado que tampouco presentou propostas dos proxectos que poden ser financiables con estes fondos. Ao seu xuízo, o xefe do Executivo galego acudiu ao encontro, celebrado na Rioxa, "sen ter os deberes feitos".

A repartición dos 140.000 millóns de euros de Europa "é un tema suficientemente importante como para que Feijóo leva algunha proposta" coa que "facer valer os intereses galegos". Outras comunidades, como Cataluña ou Valencia, agregou, xa teñen un cálculo da cifra.

Miranda considerou que "a máxima achega" de Feijóo foi pedir que se rebaixe o IVE das máscaras, algo que "pode estar ben, pero dista moito de ser o adecuado". O presidente galego foi á reunión "a sentar a escoitar e a pedir que lle envíen documentación", proseguiu Miranda, que cualificou de "sarcástico" que o presidente galego resaltase que os fondos europeos deben empregarse ben.

"En Galicia temos numerosos exemplos de fondos europeos mal utilizados baixo o seu mandato, como as numerosas depuradoras que non funcionan, o deficiente e mesmo inexistente saneamento de rías e ríos ou infraestruturas abandonadas", censurou.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, nunha foto de arquivo nunha rolda de prensa. BNG
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, nunha foto de arquivo nunha rolda de prensa. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Ana

A mellor reconstruccion e decir a verdade sobre a falsa pandemia e deixar a xente traballar (sen confinametos) e respirar (sen bozal). Falen do "Informe Barbastro" e o que afirma da vacuna da gripe. Que se investigue cantos dos falecidos polo "virus" estaban vacunados da gripe e cantos tiñan outras patoloxias. Que se deixe de aterrorizar a poboacion a traves dos medios de comunicacion con un virus que e menos mortal (en todo o planeta) que a gripe comun. Que se diga que os test dan falsos positivos e que se aposte pola "inmunidade de rebaño" como aconteceu en Suecia en lugar de confinar a persoas sanas e arruinar o pais. Claro que vendo como os grandes lideres dos partidos politicos estatais van invitados ao Club Bilderberg non sorprende o que esta a pasar.

1 José

A tua obsesión é clínica. Insistes en usar un documento que carece de rigor, desacreditado por establecer correlacións sen sostén estatístico e con mostras mínimas. Teimas en comparar este virus co da gripe e os datos de letalidade de ambos son públicos e perfetamente comparables. Non sei se és Ana ou quen és, o que teño claro é que estás mui perxudicada. E cada vez que sacas este tema e o mezclas co nacionalismo galego, o BNG ou calquera outra opción galega perde votos. Por favor, fique na casa..

2 Gamela

Ana veo que insistes en mantener la teoría de la conspiración, quizás debieras solicitar invitación para la próxima reunión del Grupo Bilderberg y ponerles cianuro en el desayuno (?) La Humanidad te quedaría muy agradecida ! https://es.wikipedia.org/wiki/Grupo...ías_de_conspiración

3 Gamela

Ultimo comentario para Ana Cicais deberamos tomar en consideración esta proposta de Aramayo https://theconversation.com/el-anon... No que atinxe aos "coñecementos" estaría ben coñecer aos autores e os seus currícula biográficos e académicos... No que atinxe ás opinións deberan serguir sendo tan libres como sexa posible (e polo tanto anónimas) para preservar a liberdade individual e favorecer o intercambio de puntos de vista (?)