(Vídeo) Denuncian "por enésima vez" a contaminación do río de Touro polos verquidos da vella mina

A plataforma Mina Touro - O Pino NON lamenta o "deterioro" do río e apunta insta ás institucións a mover ficha.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Nova mostra de contaminación derivada da vella mina de Touro. A plataforma veciñal Mina Touro - O Pino NON vén de facer a "enésima" denuncia contra os verquidos da explotación a ceo aberto que, segundo denuncian, van parar ás augas dos ríos da contorna. Neste caso, a alarma da organización céntrase no rego Portapego, un máis dos moitos "ríos mortos" de Touro.

Vertedura ao río da mina de Touro. PLATAFORMA VECIÑAL CONTRA A MINA DE TOURO
Vertedura ao río da mina de Touro. PLATAFORMA VECIÑAL CONTRA A MINA DE TOURO

A plataforma decidiu denunciar o "estado lamentable" do río cun vídeo no que se pode apreciar unha coloración atípica e a "presenza de abundantes sólidos" no seu leito. Esta situación viría determinada porque o Portapego, ao igual que varios dos ríos do entorno, ten o seu nacemento na antiga mina de cobre que, malia ser pechada definitivamente en 1988, segue a desprender materiais nocivos sobre o entorno, de acordo coa denuncia da plataforma.

Dende a plataforma afean á empresa responsable da mina a escaseza de medidas para poñer fin ós verquidos mentres publican "publirreportaxes" nos medios. "Son moitos os informes oficiais que corroboran as denuncias continuadas do estado das augas dos ríos Portapego, Pucheiras, Angumil, Felisa, Lañas...", explican dende a plataforma, que insta ás distintas institucións a mover ficha para poñer fin á situación. "Agora é o momento e a oportunidade de demostrar que queren exercer a súa responsabilidade como institucións, cumprir e facer cumprir a lexislación", zanxan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

Ten algo qué decir o Sr. Alcalde do PP Ignacio codesido Barreiro? dedicación exclusiva 45.000 euros anuais( máis o pagamento da Seguridade Social a cargo do Concello. Copropietario cando menos de 5 empresas (entre elas a discoteca Dona-Dana)