Premio á Excelencia Empresarial a 'El Correo Gallego', a pesar da súa crítica situación financeira

Este xornal estivo salpicado por distintas operacións de venda despois do verán. Ao acto acudiron o presidente da Xunta e o alcalde de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

José Manuel Rey Nóvoa e Alberto Tajes Rey recolleron este xoves o VIII Premio á Excelencia Empresarial outorgado polo Club Financeiro de Santiago (CFS) a 'El Correo Gallego'.

No evento, ademais do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, interviñeron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e o presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira Costa.

O acto de entrega celebrouse na sede dos CFS, en presenza de só unhas decenas de persoas por aplicación das normas sanitarias vixentes. No auditorio do edificio Quercus reuníronse autoridades, anteriores galardoados e o consello de administración do Club Financeiro de Santiago.

Este premio recoñece, segundo a organización, a traxectoria de 'El Correo Gallego', xornal con máis de 140 anos de vida.

Portada de El Correo Gallego sobre Feijóo
Portada de El Correo Gallego sobre Feijóo

VENDA DO XORNAL

Este galardón chega tras intensos rumores de venda desgre grupo xornalístico. De feito, despois do verán, producironse movementos para tentarse facer coa maioría do capital desta empresa. Por unha parte, de dous empresarios, Carlos Orozco e Carlos Alfonsín Martín. Este último, condenado en 2003 por estafa e falsidade documental. Pola outra, a José Ramón García, fundador de Blussens, que tamén está salpicado en conflictos xudiciais por piratería industrial.

AS DÉBEDAS DE EL CORREO GALLEGO

El Correo Gallego chegou a ter unha débeda de case 15 millóns de euros, cifra que se reduciu a 4,4 millóns nas contas do 2018. Precisamente, en xaneiro dese ano un xulgado de Santiago de Compostela levantaba o embargo de case 2,8 millóns de euros á Editorial Compostela, propiedade do Grupo El Correo Gallego. Unha cantidade que lle reclamaba, vía xudicial, Lico Leasing, un instrumento financeiro das antigas caixas, vendido a un fondo boitre norteamericano, Fortress, que estaba pasando por moitos problemas financeiros.

Editorial Compostela mantiña unha debeda con Lico Leasing polo arrendamento financeiro do centro de impresión e do centro informático de 1,7 millóns de euros, “dos cales 1 millóns de euros están vencidos e non liquidados”, segundo recolle unha audoría do propio grupo mediatico que figura nas contas depositadas no Rexistro Mercantil do 2017.

A pesar de estar as contas embargadas, El Correo Gallego seguiu recibindo cuantiosas axudas da Xunta, tanto de forma directa, como medio de comunicación, como a través de convenios ou de campañas de publicidade. 

Con todo, a maior débeda contraída por Editorial Compostela foi cos bancos, a maior parte con Abanca, que chegou aos 15 millóns, moita dela perdoada. Aos traballadores tamén se lles chegou a adebedar 1,4 millóns e outros 1,2 millóns de débedas con Facenda e Seguridade Social. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

Unha flaxelación "ad hoc"?? O MITO QUE CAGA (Perdón) NON VALE NADA