A Xunta critica as peaxes de Audasa logo de apoiar unha prórroga da súa concesión na AP-9

Acusa o Goberno de actuar como "avogado de Audasa" por reclamarlle que pague 15 millóns á concesionaria

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/12/2020 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acusou ao Goberno de actuar como "avogado de Audasa" ao reclamar á Administración autonómica pague "15 millóns de euros polas bonificacións da peaxe da AP-9". Unhas críticas que se producen logo de que o PP fora un firme defensor da prórroga concedida a esta empresa para que continúe gañando cartos a conta desta autoestrada.

Así se pronunciou, en declaracións aos xornalistas, coincidindo coa súa presenza nunha rolda de prensa sobre o 'Novo Chuac', ao ser preguntada sobre a demanda do Goberno á Xunta para que volva pagar a peaxe de Rande e A Barcala e abone algo máis de 15 millóns a Audasa.

"É inaudito que o Goberno de España actúe como avogado de Audasa, reclamando á Xunta 15 millóns de euros polas bonificacións da peaxe da AP-9, que explota con beneficios desproporcionados", dixo sobre a concesionaria.

Destes beneficios, engadiu que son "consecuencia principalmente de acordos cos gobernos socialistas". "O Goberno de España antepón os intereses de Audasa aos dos galegos", sentenciou a conselleira.

Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo
Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Está ben saber que as bonificacións das peaxes saen do noso bolsillo (coma sempre) e mentras toda Galicia paga a Audasa 15 M, ¿sabedes canto pagamos en Vigo polos billetes do autobús urbano VITRASA? Abel Caballero vén de prorrogar por outros 5 anos a concesión a Vitrasa e no último Pleno do ano deron a coñecer que no ano 2018 pagamos 12 Millóns ! En fin, unha autoestrada por 15 e un Concello por 12 (claro que Vigo leva gobernado polo PSOE 13 anos completos!) Saúde e a Foderse !!!