Asalto ao capitolio: de cando 100 alcaldes do PP tentaron entrar pola forza ao Parlamento Galego

En 2014, un grupo de mariñeiros do cerco conseguiu acceder á Cámara e pechouse nunha das súas salas. Dous anos antes, un funcionarios que protestaba contra a rebaixa das pagas extra tentara, sen éxito, entrar no complexo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2021 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

A noticia da toma do capitolio segue marcando a axenda a miles de quilómetro de Washington D.C. Nunha mañá marcada polas declaracións dos líderes políticos de Galicia --entre as cales falta, ata o momento, a de Núñez Feijóo--, cómpre botar a vista atrás a esas ocasións nas que o 'capitolio' particular de Galicia, situado na rúa do Hórreo, sufriu altercados que obrigaron a suspender as sesións ou mesmo se viu ante o risco dunha entrada pola forza.

Imaxe de arquivo da xornada na que 200 cargos do PP tentaron entrar pola forza ao Parlamento Galego. 2005.
Imaxe de arquivo da xornada na que 200 cargos do PP tentaron entrar pola forza ao Parlamento Galego. 2005. | Fonte: EFE

Aínda que as mobilizacións ás portas do Parlamento non son atípicas en Galicia --este mesmo verán vivíronse as dos traballadores de Alcoa-- nada como o acontecido a comezos de agosto do 2012. Nunha desas xornadas, traballadores funcionados convocados pola CIG, Satse, UGT e CCOO  cortaron durante máis dunha hora a rúa do Hórreo para logo tentar entrar á forza no Parlamento.

No interior da cámara estaba a ter lugar a votación na que o PP de Feijóo aprobaría o recorte da paga extraordinaria de decembro aos funcionarios públicos, medida que aplicaba a instancias do Goberno de Rajoy e que lle valeu fortes acusacións de "sumisión" por parte dos alí presentes. Ao final, o tirapuxa dos concentrados coa policía saldouse con pouco máis que algúns ovos escachados contra as xanelas do pazo do Hórreo.

ALCALDES "FORCEXANDO" CONTRA A POLICÍA

O resto de incursións notables na Cámara recollidas nos últimos anos tiveron lugar a través da tribuna de invitados. Esta socorrida vía para montar lea no interior do Parlamento foi aproveitada por axentes de moi diverso cariz ideolóxico e intencións. No 2013, unha protesta de traballadores do naval galego --convocados por AGE-- conseguiu frear durante dez minutos o pleno da cámara.

Máis célebre foi a interrupción protagonizada por uns 200 altos cargos do PP que, en 2005, se congregaron ás portas do edificio --dentro do recinto-- e, segundo relatou entón El País, "forcexaron" con axentes de Policía para que se lles permitira entrar. Entre a masa contábanse 100 alcaldes da comunidade, así como senadores estatais e concelleiros. O PP de Fraga chegara a acreditar a varias ducias dos sublevados para que puideran trasladar as protestas á tribuna de invitados, pero a presidenta da cámara impediuno ao adiviñar as intencións do partido. Feijóo, por aquel entón voceiro adxunto, advertiu que "estudarían medidas legais" por querer "amordazar" a oposición.

MARIÑEIROS PECHADOS NA CÁMARA

Paralelo foi o caso dos mariñeiros que, en 2014, trasladaron ás portas do Parlamento para protestar pola redución das cotas pesqueiras. A concentración, que non fora autorizada, resultou repelida con duras cargas policiais que a Delegación do Goberno --entón en mans do PP-- xustificou a actuación policial atendendo á "seguridade" dos parlamentarios. 

Galicia Confidencial recollía entón unha versión ben distinta dos feitos, por parte dun dos mariñeiros afectados. "Chegaron como animais. Pegaronlle a unha muller que non tiña nada que ver coa historia e tirarona no chan. Entraron no bar a mallar e iso non o poden facer. Ata lle deron á camareira do bar. Isto no País Vasco non o fan. Tiran pelotas a menos de 200 metros. Imaxinate se pasa unha criatura por ahí".

Nunha desas tensas xornadas de mobilizacións, un reducido grupo de manifestantes conseguiu acceder á cámara, tralo cal se pecharon nunha das salas do Parlamento pedindo unha audiencia con Feijóo e a dimisión da Conselleira do Mar, que xa entón era Rosa Quintana. Finalmente foron expulsados do Hórreo baixo a promesa de poder regresar para "seguir negociando unha saída", tal e como recollía entón GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 NUCT

Ou cando o bng ocupou o concello de Allariz en 1989.

1 nact

Ocupación que o pobo de Allariz refrendou ata o de agora, falas diso? non serás nostálxico de antiguos reximes? se é así, síntocho, coidate. beixos e boa finde

2 Nect

E o electores tamén refrendaron ós alcaldes do PP que asediaron o Parlamento.

3 Ailalelo

Refrendaronos pra ocupalo Parlamento?? Eses alcaldes volveron protestar a Xunta algo? Protestaron daquela en favor dos sus veciños?

1 Gamela

En Vigo temos un OKUPA das Institucións e ninguén o dá botado ! https://twitter.com/00Gamela/status... Cousas veredes... e se falamos de mentiras, é todo un Campión das Fake News !!!