"Non podo darlle de comer á miña filla por catro mamóns"

Novos vídeos que recollen a tensión que se viviu na carga policial deste martes e a opinión dos centos de mariñeiros que se manifestaron en Santiago.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/03/2014 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

Os mariñeiros do cerco estouparon este martes tras a contundente carga policial diante do Parlamento galego. Levan días protestando polo que consideran un reparto de xarda e xurelo inxusto que os condena á "miseria".

Un mariñeiro do cerco amosa a marca que lle deixou unha pelota de goma lanzada pola Policía
Un mariñeiro do cerco amosa a marca que lle deixou unha pelota de goma lanzada pola Policía

Algúns deles levan catro e cinco meses sen poder cobrar nada. "Temos que estar aguantando...Aquí hai moita xente con fillos, mulleres, hipotecas... E como pagamos as hipotecas?", preguntase un mariñeiro.

Outro é máis directo. Amosa o negrón que lle deuxou un pelotazo da policía. "Catro meses que non teño para darlle de comer á miña filla. Non podo darlle de comer á miña filla por catro mamóns de aquí dentro. Estamos perdendo cartos e a indignación é o que temos. E o único que sabemos é o mar. Temos que ir polas malas porque polas boas non vale para nada", destaca.

Lembra como foi esa carga policial; "chegaron como animais. Pegaronlle a unha muller que non tiña nada que ver coa historia e tirarona no chan. Entraron no bar a mallar e iso non o poden facer. Ata lle deron á camareira do bar. Isto no País Vasco non o fan. Tiran pelotas a menos de 200 metros. Imaxinate se pasa unha criatura por ahí".

Intervén un terceiro indignado; "non saben gobernar. Ata non saben nin mandar a Policía. Estes fillos da gran puta. Só saben roubar e nos están arruinando a Galicia enteira; sector mineiro, pesqueiro, naval, todo".

Tamén os emigrantes que viven do mar apoian a protesta; "estamos mal. Morremos de fame e os galegos teñen que ser como os vascos". "Eu non entendo que lle dean aos vascos 140 toneladas e aos galegos 20", comenta outro compañeiro.

Eduardo Carreño, patrón maior de Portosin, explica a actual situación e di que, a diferencia do manifestado por Feijóo que asegura que este acordo é "o mellor para Galicia", "a frota galega sae moi mal parada e desaparecería nun 80%. Só se salvarían 25 barcos de 152 actuais. Por poñer un caso; hai un barco de Portosín que só lle tocan 5.000 quilos de xureis e 6.000 de xardas. Terían o que agora pescan no día para todo un ano", suliña ao denunciar que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, "defende máis a frota vasca que a galega".

Esta é a reportaxe de GZ vídeos:

)

E esta é a reportaxe de IrmandadeTV:

)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

10 Antomm

O mellor de todo a Prados e o Jorquera intentando que lles deran un porrazo jajaj. Coa cuota da xarda pasa o mesmo que coa láctea, facemos trampas cando hai que declarala... e despois vimos chorando! O segundo mellor de todo, os mariñeiros si que saben dar hostias e iso que son do PP, pero galegos. Dá risa a kaleborroquiña dos estudantes e demais *rdallada bloqueira e comunista jaja.

1 autogestão pesqueira

Como se os bascos a declarassem todinha... Declaravam-na quando lha compravam a preços de retirada.

9 antolín

Non vin a Xabier Aboi cos mariñeiros

1 a ti tampouco

Porque ti non estabas alí. Estarías votando con AGE a favor de que voten os mortos. Olé

8 GZ Videos

Novo video: ANÁLISE da violencia policial no 11M contra mariñeiros e paseantes http://www.youtube.com/watch?v=tH2h...

1 antiburras

Vese a identificación do provocadisturbios BUS30, debe ser denunciado no Xulgado

7 historias

Tiña eu unha parenta que un día foi a un río, que na Coruña se chamaba lavadero, e alí atopou unha veciña do seu pobo que gañaba o xornal como lavandeira. Esta ao verlle as máns díxolle cunha certa mala baba: ai, fulanita, que mans mais finas tes... i eu aquí, con estas mans de esclava... A miña parenta respondeulle: jó-de-te, colleras mellor oficio. Pois eso.

1 Praolisto

A ver ti polainas, que non te enteras...os marinheiros non protestan polo traballo que fan, protestan polo que non lles deixan facer por quedar ben cos vascos.

2 historias

Colleran mellor oficio. Pero ti... ¿cres que alguén vai crer que teñen aos fillos esfamiados, cando se ven ben mantidos e vestidos, e sobre todo cando se queixan de que non poden pagar a hipoteca? Se chegan a ter que compartir piso ou vivir de alquiler non protestaban tanto, pero a hipoteca, o coche tuneado, ir ghastar pista, etc. Moito vicio é o que hai. Non se pode foder e ter o virgho.

3 Estórias

Pois é verdade. Olha se não podíamos todos ser presidentes de Bankia, roubar uns quantos anos que, depois de quebrar a entidade, liscar para a casa com uma indemnização milionária. Se é que somos burros. A quem se lhe ocorre trabalhar podendo viver como Deus...

6 afiador

Izquierda Undida vota en europa contra os cefalopodeiros e na galiza mira para os mariñeiros do cerco coas mans no cu http://i57.tinypic.com/334u1ra.jpg

1 eusi

O Bnjajaja vai ás europeas cos que nos rouban a cota do peixe: os bascos. A ver como lle din aos de Bildu que voten a favor de restarlle cota aos seus para darlla aos galegos. BNjajaja, cada dia dá mais risa.