Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 20:07
A antropóloga compostelá Beatriz Busto repasa no libro 'Um país a la gallega. A Galiza no NO-DO franquista' a visión da Galicia "estereotipada" e limitada ao "tópico" gastronómico e folclrórico que debuxou o réxime a través do seu noticiario audiviosual.
A obra desta profesora de Antropoloxía Social da Facultade de Filosofía da USC profunda na imaxe que o NO-DO ofreceu de Galicia, que pasou na propaganda do regimen franquista de ser "escura e primitiva" nos anos 40 e 50 para dar paso a "outra máis moderna, yeyé, kitsch e á galega" durante os 60 e 70, tempos nos que se sucedían as imaxes de paradores e de turistas facendo ski acuático polas rías baixo con música dos Brincos.
"O franquismo e as súas institucións de estado, fixeron un uso explícito da cultura galega cun beneficio/custo non só político senón tamén cultural e social; e así o país quedou retratado como unha postal folclorista, conxelado nesa 'receita' colonial durante corenta longos anos ata hoxe", sinala a autora deste libro, editado por Através Editora.
Precisamente o título do libro é unha chiscadela a esa "idea gastronómica" dos pratos 'a la gallega', unha sorte, segundo sinala a editorial nun comunicado, de "cárcere metafórico de aceite, sal e pemento" que persiste ata a actualidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.