Temas: FRASEOLOXíA

“Ó mellor escribán esgállalle a pluma” equivalente, entre outras, á castelá “el mejor escribiente tiene un borrón”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 29/08/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Seguro que non é a primeira vez que tedes apreciado que alguén que é moi bo e competente nunha actividade, vai e comete algunha falla ou erro... e é que nesta vida hai que ter claro que ninguén é perfecto. Para dar conta precisamente desta realidade (ou sexa, de que mesmo as persoas máis competentes ou mellor preparadas nunha determinada actividade cometen algún erro nela), en castelán adóitase botar man da paremia hasta el mejor escribiente echa un borrón.

Un neno escribindo unha carta aos Reis
Un neno escribindo unha carta aos Reis | Fonte: EP

Vexamos correspondencias da mesma en galego:

(Hasta # Incluso) El mejor escribiente echa un borrón # tiene un borrón

(Hasta # Incluso) El mejor escribano echa un borrón # tiene un borrón

Plumacho ou plumero da Pampa. XUNTA - Arquivo
Plumacho ou plumero da Pampa. XUNTA - Arquivo

{= Paremia con que se manifesta que mesmo a persoa máis competente ou mellor preparada nunha determinada actividade comete algún erro nela.}

(Mesmo # Ata # Incluso # Inda) Ó mellor escribán esgállalle a pluma

(Mesmo # Ata # Incluso # Inda) Ó mellor escribidor esgállalle a pluma

(Mesmo # Ata # Incluso # Inda) Ó mellor escribán cáelle un borrancho

(Mesmo # Ata # Incluso # Inda) A quen mellor escribe cáelle un borrón

(Mesmo # Ata # Incluso # Inda) Á mellor panadeira derrámaselle unha fornada

Ex.: ¡Qué bien les sentó mojar el gaznate con el agua fresquita de los cántaros tras dos horas de dura labor bajo un sol de justicia!

¡Que ben lles sentou mollar a palleta mollar a palabra mollar a gorxa coa auga fresquiña dos cántaros tras dúas horas de duro labor baixo o tosteiro.

● Tamén:

(Hasta # Incluso) Al mejor cazador se le va la liebre && (Hasta # Incluso) El mejor caballo da un tropezón

(Mesmo # Ata # Incluso # Inda) Ó mellor cazador váiselle a/unha lebre # escápalle a/unha lebre && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) Ó mellor galgo escápalle unha lebre && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) O mellor cabalo ten un tropezón # dá un tropezón && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) A mellor besta dá coa carga no chan

● Tamén, en contextos, e dando basicamente a entender que incluso unha persoa que é moi boa nun determinado ramo, labor ou aspecto debe tomar as súas precaucións ou non se debe deitar nas pallas:

(Hasta # Incluso) El mejor nadador se ahoga && (Hasta # Incluso) Al mejor nadador se lo lleva el río

(Mesmo # Ata # Incluso # Inda) O mellor nadador afoga && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) O mellor nadador afoga no río && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) O mellor mariñeiro morre no mar

● Tamén, en contextos, e dando basicamente a entender que incluso a mellor cousa ou a mellor obra ten, ou pode ter, os seus defectos ou eivas, ou que a persoa máis boa poder incorrer nalgunha falla:

(Mesmo # Ata # Incluso # Inda) No mellor viño hai borras && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) Unha mancha cae no pano máis limpo && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) O mellor pano líxase && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) O carro máis mellor pode torcerse && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) O máis mellor carro pode torcerse && (Mesmo # Ata # Incluso # Inda) O mellor carro pode envorcar

● Tamén, en contextos, e nunha liña semellante:

Un fallo lo tiene cualquiera # cualquiera lo tiene && Un error lo tiene cualquiera # cualquiera lo tiene && Un error cualquiera lo hace && Una equivocación la tiene cualquiera # cualquiera la tiene

Un fallo teno calquera #calquera o ten && Un erro teno calquera # calquera o ten && Unha equivocación tena calquera # calquera a ten

NOTAS:

1. Nótese que naqueles casos en que algunha das formas adverbiais que marcamos entre parénteses inician enunciado, o máis normal sería que o pronome átono se antepuxera ó verbo:

Mesmo # Ata # Incluso # Inda ó mellor escribán lle esgalla a pluma ó mellor cazador se lle vai unha lebre o máis mellor carro se pode torcer ...

2. Con respecto ás paremias o carro máis mellor pode torcerse ou o máis mellor carro pode torcerse, cómpre indicar que malia que o adxectivo mellor xa é, en por si, un superlativo, polo que en lei dereita non admitiría a compañía do comparativo de superioridade máis, o que fixemos foi reflectilas tal e como foron recolleitas das fontes de orixe.

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Buján Otero, Patricia & Ferro Ruibal, Xesús & Paz Roca, Mª Carmen & Rodríguez Añón, Marta & Vidal Castiñeira, Ana: “Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 173-343. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús: Refráns da xustiza. Irmandade Xurídica Galega & Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Ano 1995.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

- Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta