Pontón reta a Feijóo a que "se solte do ganchete" do "lobby eléctrico" e apoie unha tarifa galega

O Bloque defende unha proposición de lei no pleno do Parlamento deste martes para "compensar" a Galicia polo seu papel produtor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2021 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, retou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao PP a que "se solten do ganchete" das eléctricas e apoien a proposición lexislativa que defenderá o Bloque no pleno do Parlamento este de martes para a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega coa que "abaratar o prezo da luz".

En rolda de prensa este luns, Pontón chamou a actuar ante a "estafa" do prezo da luz que marca continuas marcas diarias e "pon os pelos como escarpias", o que se traduce en "beneficios multimillonarios para o lobby eléctrico" e "facturas ruinosas" para empresas e familias.

Esta proposta do Bloque demanda que o papel de Galicia como produtora de enerxía eléctrica reverta no seu desenvolvemento socioeconómico, dado que está "a pagar" os custos ambientais e sociais.

Así, cuestiona "para quen traballa o señor Feijóo cando a resposta para unha estafa deste tipo é unha multa ridícula de 25.000 euros ás eléctricas", que, "ademais de estafar, atentan contra o medio ambiente cos baleirado encoros para seguir forrándose".

PROPOSTAS

Entre outras medidas, a iniciativa nacionalista defende "compensar" a Galicia polo seu papel de produtor eléctrico, tal e como ocorre en "moito países" con prezos máis baixos para zonas produtoras, entre os que citou a Alemaña, Noruega, Suíza e Reino Unido.

Igualmente, reclámase reducir impostos que se pagan na factura, acabar con "o timo" das poxas e que haxa plans industriais de emprego. De tal forma, Pontón insta a Feijóo a que deixe de defender os intereses das eléctricas, pois "todos" están "escandalizados co que está a pasar", mentres "os gobernos non moven ficha".

Ana Pontón en rolda de prensa
Ana Pontón en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta