Temas: FRASEOLOXíA

“Facer que fagamos”, equivalente, entre outras, ao castelán “hacer que hacemos”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 19/09/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Transitando pola senda principiada hai dúas entregas, e tendo en conta –como xa indicamos– que hai contextos en que diferentes expresións destes tres últimos artigos poden confluír ou compartir espazos de uso, imos hoxe ver secuencias expresivas coas que basicamente se manifesta que alguén anda a enredar en calquera cousa para facer pasar o tempo ou para disimular, facendo coma quen está a traballar, pero sen facer nada realmente produtivo.

Muller traballadora. ANDRESR - Arquivo
Muller traballadora. ANDRESR - Arquivo

(Estar a #Andar a # ...) Hacer que hacemos

{= Andar alguén a enredar en calquera cousa para facer pasar o tempo ou para disimular, facendo coma quen está a traballar, pero sen facer nada realmente produtivo.}

(Estar a # Andar a # ...) Facer que fagamos

[E MAIS]:

(Estar a # Andar a # ...) Facer que [en función do suxeito de referencia] fago # fas # fai # facemos # facedes # fan

(Estar a # Andar a # ...) Facer que facemos

[E MAIS]:

(Estar a # Andar a # ...) Facer a zonza

(Estar a # Andar a # ...) Pintar no aire

(Estar a # Andar a # ...) Cazapelear

Ex.: Amigo, a ver si espabilamos y nos ponemos a trabajar en serio, que llevas toda la mañana a hacer que hacemos.

Curmán, a ver se lle botamos un pouquiño máis de movemento e nos poñemos a traballar en serio, que levas toda a mañá a facer que fagamos que levas toda a mañá a facer que fas que levas toda a mañá a facer que facemos que levas toda a mañá a facer a zonza que levas toda a mañá a pintar no aire que levas toda a mañá a cazapelear.

● E mesmo tamén:

(Estar a # Andar a # ...) Facer que facemos e non nos movemos && Estar a # Andar a # ... moela && Estar a # Andar a # ... mangala

● E mais:

(Estar a # Andar a # ...) Facer a maula # a manganilla # a macangona # a zangamúa # a doca # a vez && (Estar a # Andar a # ...) Facer o cazapelo # a do cazapelo && (Estar a # Andar a # ...) Facerlles rabos ás culleres && (Estar a # Andar a # ...) Facerlle rafas á gata && Ir de rabela

Ex.: Curmán, a ver se lle botamos un pouquiño máis de movemento e nos poñemos a traballar en serio, que levas toda a mañá a facer a maula que levas toda a mañá a facer a manganilla que levas toda a mañá a facer a macangona que levas toda a mañá a facer a zangamúa que levas toda a mañá a facer a doca que levas toda a mañá a facer a vez que levas toda a mañá a facer a do cazapelo que levas toda a mañá a facerlles rabos ás culleres que levas toda a mañá a facerlle rafas á gata que levas toda a mañá indo de rabela.

● Tamén, simplemente gardando certa relación, na medida en que dá conta de que se está a falar ou leriar no canto de traballar:

Facer xabón

NOTAS:

1. Téñase en conta que varias das voces que se reflicten neste artigo (doca, manganilla, maula, macangona ou zangamúa) non se atopan, cando menos de momento, recolleitas no Dicionario da Real Academia Galega (DRAG), pero si que se rexistran noutras obras de carácter lexicográfico ou fraseolóxico.

2. Gardando relación coa expresión facer a zonza (tirada do traballo “Frases feitas de San Lourenzo de Abelendo”, de Dorinda Penín Rodríguez), no DRAG recóllese a locución á zonza (=“vixiando algo ou a alguén con disimulo para non ser visto”) .

3. Polo que atangue á secuencia expresiva facer a doca (rexistrada por Eladio Rodríguez.), cómpre ter en conta que a voz doca está recolleita na actualidade en varias fontes, coma por exemplo na sección Palabras con memoria da Asociación de escritores/as en lingua galega (neste caso co significado de “lacazán, nugallán”) ou actuais, como por exemplo ou no traballo “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”, de Xosé María López Ferro (desta volta co significado de “preguiza, desgana, cansazo”).

4. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán. De entre 1928 e 1931. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/

- Ibáñez Fernández, José: Diccionario galego da rima e galego-castelán. Publicado en 1950. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Penín Rodríguez, Dorinda: “Frases feitas de San Lourenzo de Abelendo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, páxs. 255-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Rivas, Paco: Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 1, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta