Temas: FRASEOLOXíA

“Predícame, cura, predícame, frade, (que) por un oído me entra e por outro me sae” (=castelán “por un oído me entra y por otro me sale”)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 19/12/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

En castelán, para dar a entender que unha persoa non fai caso ou non toma en consideración o que outra lle está a dicir, é habitual botar man, entre outras, da secuencia por un oído le[me, te...] entra y por otro le[me, te...] sale.

O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, celebra a misa da Ofrenda na igrexa de San Martín Pinario en 2019. César Arxina - Europa Press - Arquivo
O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, celebra a misa da Ofrenda na igrexa de San Martín Pinario en 2019. César Arxina - Europa Press - Arquivo

En galego contamos con secuencias expresivas que fornecen tamén esa mesma significación, como imos ver deseguido:

Por un oído me[te, le...] entra y por (el) otro me[te, le...] sale

Por una oreja me[te, le...] entra y por (la) otro me[te, le...] sale

{= Expresión con que se indica que alguén non fai caso ou non toma en consideración o que outra persoa lle está a dicir.}

Por un oído me[che, lle...] entra e por/polo outro me[che, lle...] sae

[E MAIS]:

Por unha orella me[che, lle...] entra e por/pola outro me[che, lle...] sae

Ex.: No te esfuerces, que todo cuanto le digas, por un oído le entra y por el otro le sale.

Non te esforces, que todo canto lle digas, por un oído lle entra e por/polo outro lle sae por unha orella lle entra e por/pola outra lle sae.

● Tamén, sobre todo formando enunciado de seu e sen depender de xeito directo sintacticamente de ningún outro elemento:

Predícame, padre, que por una oreja me[te, le...] entra y por la otra me[te, le...] sale && Acúsome, padre, que por un oído me[te, le...] entra y por otro me[te, le...] sale

Predícame, cura, predícame, frade, (que) por un oído me[che, lle...] entra e por/polo outro me[che, lle...] sae && Predica, meu cura, predica, meu frade, (que) por un oído me[che, lle...] entra e por/polo outro me[che, lle...] sae && Predícame, cura, predícame, frade, (que) por unha orella me[che, lle...] entra e por/pola outra me[che, lle...] sae && Predica, meu cura, predica, meu frade, (que) por unha orella me[che, lle...] entra e por/pola outra me[che, lle...] sae

[E MAIS TAMÉN]:

Predícame, frade, (que) por un oído entra e por/polo outro sae && Predícame, frade, (que) por un oído me[che, lle...] entra e por/polo outro me[che, lle...] sae && Predica, meu frade, (que) por un oído me[che, lle...] entra e por/polo outro me[che, lle...] sae && Predícame, frade, (que) por unha orella me[che, lle...] entra e por/pola outra me[che, lle...] sae && Predica, meu frade, (que) por unha orella me[che, lle...] entra e por/pola outra me[che, lle...] sae && Predícame, padre, (que) por unha orella me[che, lle...] entra e por/pola outra me[che, lle...] sae && Predícame, Pedro, predícame, frade, (que) por un oído me[che, lle...] entra e por/polo outro me[che, lle...] sae && Predícame, Pedro, predícame, frade, (que) por unha orella me[che, lle...] entra e por/pola outra me[che, lle...] sae && Predica, meu frade, quen te/che mandou predicar que che pague && Predica, frade, (que) por un oído me entra e por/polo outro me sae && Predícame, cura, predícame, frade && Predica, meu, cura, predica, meu frade

Ex.: Non te esforces, que todo canto lle digas: predícame, cura, predícame, frade, (que) por un oído me entra e por/polo outro me sae predica, meu cura, predica, meu frade, (que) por un oído me entra e por/polo outro me sae predícame, padre, que por unha orella me entra e por/pola outra me sae predícame, Pedro, predícame, frade, (que) por un oído me entra e por/polo outro me sae predícame, cura, predícame, frade predica, meu cura, predica, meu frade.

NOTAS:

1. Téñase en conta que todas estas paremias, no caso non optarmos por incluír nelas o nexo conxuncional que, as podemos grafar con dous puntos (ou mesmo con punto e coma), no canto da coma, entre a primeira parte da paremia e a segunda. Exs.:

Predícame, cura, predícame, frade: por un oído me[che, lle...] entra e por/polo outro me[che, lle...] sae

Predica, meu cura, predica, meu frade: por un oído me[che, lle...] entra e por/polo outro me[che, lle...] sae

Etc.

2. Obsérvese, así mesmo, a estreita relación fonética entre as secuencias “predícame, cura” e mais “predícame, frade” en relación con, respectivamente, “predica, meu cura” e “predica, meu frade”, o que nos pode levar a pensar que unha das dúas parellas deriva, por deturpación, da outra (en principio dá a impresión de que resulta máis plausible que sexan estas dúas últimas as que procedan das dúas primeiras, pois parece máis fácil que se produza unha dirección derivativa de predícame, cura cara a predica, meu cura ca no sentido contrario).

3. Téñase tamén en conta que hai contextos en que estas secuencias expresivas poden confluír coas equivalentes á castelá hacer oídos xordos (que, libres de mal, abordaremos na próxima entrega) e mais tamén con algunhas das que viramos cando nesta mesma sección tocamos as correspondencias do castelán hacerse el avión.

4. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Buján Otero, Patricia & Ferro Ruibal, Xesús & Paz Roca, Mª Carmen & Rodríguez Añón, Marta & Vidal Castiñeira, Ana: “Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 173-343. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús & Groba Bouza, Fernando: “Dichos y refranes y dialecto vianés de Laureano Prieto (1951)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 259-282. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Soto Arias, María do Rosario: Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 3, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Taboada Chivite, Xesús: Refraneiro Galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 2, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta