'Festival de disfraces' e máis de 2.000 euros en premios en Arzúa

Este domingo 20 de febreiro o concello organiza un concurso de disfraces coa participación de comparsas, grupos e disfraces individuais chegados de diferentes vilas de Galicia no espazo Multiusos Terra do Queixo. O humorista Xan Veiga presentará a gala.

Por X.M. Fernández | Arzúa | 18/02/2022 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa vén de confirmar que se mantén a celebración do concurso de disfraces este domingo tras considerar que o número de participantes é máis que suficiente para levar a cabo un certame atractivo tanto para os concursantes como para o público.

Cartel Entroido 2022
Cartel Entroido 2022

Ao concurso, que se celebrará este domingo 20 ás 17:00 h. no Multiusos Terra do Queixo, preséntanse un total de 17 aspirantes a facerse con algún dos premios que ascenden a 2.120 euros repartidos entre as categorías comparsas, grupos, individual infantil, individual adulto e simpatía. Participarán na gala disfraces e colectivos locais, da comarca e chegados de lugares como Lugo, Ordes ou Vilagarcía de Arousa.

O concurso celebrarase co público sentado e cos participantes facendo a súa intervención sobre escenario nun festival que estará presentado polo humorista arzuán Xan Veiga co cal, para empezar, xa se poden garantir as risas e o bo humor no transcurso da fala. A apertura de portas será ás 16:00 h.

A Concelleira de Cultura, Aurora Varela, agradece aos participantes a súa involucración “tendo en conta, sobre todo, que as circunstancias actuais dificultan os labores de confección de disfraces e de xuntanza dos grupos e comparsas para preparar as actuacións”

Xan Veiga, presentador do Festival de Disfraces. Foto X.V.
Xan Veiga, presentador do Festival de Disfraces. Foto X.V.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta