Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2022 | Actualizada ás 15:01
O Parlamento de Galicia aprobou este xoves por unanimidade a Proposición Non de Lei do Grupo Popular que insta o Goberno central a "implicarse" para solucionar o "prexuízo económico", en Ferrol e en toda Galicia, que están a provocar as restricións de circulación para certos transportes especiais no viaduto do Castro da A-6.
Esta situación afecta especialmente, asegurou a portavoz popular de Enerxía, Marta Novoa, ao transporte de pas e torres eólicas que "a día de hoxe séguese negando". "Esta actuación está a impedir o paso de camións con torres eólicas, que non poden circular nin polo viaduto nin polo bypass, nin sequera pola noite cando non practicamente non hai tráfico", sinalou.
"A consecuencia directa é que os produtores, no canto de dar saída ás pezas polo porto de Ferrol, están a facelo polo porto de Santander, cun risco real de deslocalización que afectaría novamente a unha comarca profundamente castigada como a de Ferrolterra, supondo ademais un novo castigo a Galicia propiciado polo Goberno central", explicou.
Novoa demandou que o Executivo central de "unha solución" para "evitar perder ese tráfico comercial e de actividade económica e emprego vinculada á situación económica e industrial que atravesan as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal". A este respecto, a portavoz popular referiuse ao Pacto de Estado por Ferrol, "un pacto que necesita da participación de todas as administracións para, desde a unidade de acción, conseguir fortalecer a competitividade e a reactivación do territorio". Nese contexto, referiuse a a creación da nova Delegación da Xunta en Ferrol, así como ao "impulso" de diversas medidas que suporán máis de 80 millóns de euros en investimentos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.