Sanmartín acusa o PP de incoherencia polas críticas pola vertedura ao Sar

A alcaldesa lembra que o atraso da depuradora da Silvouta é “culpa dos populares”

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2025 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia


A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, respondeu este venres ás críticas do PP pola vertedura ao río Sar vinculada ás obras da nova depuradora da Silvouta. A rexedora afirmou que o Concello “actuou desde o primeiro momento” e que, tras recibir o informe da comisión de seguimento, trasladou toda a información aos concellos afectados.

Arquivo - Infografía da EDAR de Silvouta, en Santiago de Compostela. OHLA - Arquivo
Arquivo - Infografía da EDAR de Silvouta, en Santiago de Compostela. OHLA - Arquivo | Fonte: Europa Press


Sanmartín cualificou as acusacións populares de “estrañas” e “pouco intelixibles”, lembrando que o atraso na construción da depuradora “é responsabilidade do PP”. Tamén destacou que o Concello mantivo contacto permanente con Acuaes e Augas de Galicia, entidades competentes na materia, e que a relación institucional é “moi boa”. En resposta ao edil popular Adrián Vila, que lle pediu “recitar o cronograma da súa inacción”, a alcaldesa ironizou: “Sería mellor que lese máis poesía, porque o Partido Popular, o da limpeza dos ríos, non se lles dá moi ben”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta