Paula Prado pide axuda a "todo o partido" para manter a presidencia da Xunta sen Feijóo

A deputada compostelá formará parte da nova cúpula escollida por Rueda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2022 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

A deputada compostelá Paula Prado, que ocupará a Secretaría Xeral da nova cúpula do PP galego que dirixirá Alfonso Rueda, e Pedro Rojo, que será vicesecretario de Organización, foron protagonistas nos primeiros compases do 18º Congreso do partido que culminará este fin de semana a sucesión de Alberto Núñez Feijóo tamén no partido.

Ambos recibiron numerosos saúdos e felicitacións polos cargos que ocuparán nos círculos previos ao arranque do conclave popular. "É unha enorme responsabilidade; estou moi agradecida ao presidente Rueda pola confianza e tamén a todo o partido", trasladou Prado, en declaracións aos medios na súa chegada ao Pazo Feiral de Pontevedra, onde se celebra o conclave.

"Creo que este posto necesita de toda a militancia e de todos os que formamos parte do PPdeG, posto que eu soa non poderei afrontar este reto", manifestou. Así, incidiu na importancia de remar xuntos e "entre todos" acompañar a Rueda para conseguir o obxectivo final: lograr a quinta maioría absoluta consecutiva que permitiría aos populares preservar o poder autonómico na Xunta.

A viceportavoz do Partido Popular de Galicia, Paula Prado.. PPDEG
A viceportavoz do Partido Popular de Galicia, Paula Prado.. PPDEG | Fonte: Europa Press

As palabras de Prado encaixan no protocolo típico das presentación en política, inclusive a chamada de apoio aos compañeiros da formación azul. Pero, ao mesmo tempo, a ninguén escapa que a capacidade de Rueda como líder dista moito da conquistada por Feijóo na súa década longa como presidente da Xunta. O propio Rueda recoñeceu semanas atrás o "medo" imposto polo cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta