A espera media para operarse en Galicia é de dous meses e medio, 20 días máis que antes da pandemia

En Ferrol teñen que agardar case tres meses para poder facelo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2022 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

A espera media cirúrxica en Galicia moderouse durante o primeiro semestre do ano, de forma que se situou nos 75,3 días --se se ten en conta Povisa-- e nos 75,6 días excluído este hospital de concerto especial. Isto supón baixar a media de espera uns cinco días con respecto ao peche de 2021, pero continúa disparada con respecto a antes da pandemia, xa que a peche de 2019 a espera media por unha operación en Galicia era de 54,5 días.

A Consellería de Sanidade evitou difundir estes datos parciais do ano e, solicitados por Europa Press, explicaron que agora se fai balance "unha vez ao ano", aínda que era habitual facelo cada seis meses e, en lexislaturas pasadas, mesmo se publicaban cada tres meses, é dicir, catro veces ao ano.

As listas de espera --que en todo case si están recompiladas polo Sergas, adiantadas este venres por Praza, revelan que a área sanitaria con maior demora por unha operación é a de Ferrol, con 84,6 días. No lado oposto atópase a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 56,8 días de espera media.

Pola súa banda, a espera media para unha consulta especializada é de 54,8 días en Galicia, con case 82 días de espera na área sanitaria de Lugo, é dicir, case tres meses para obter unha cita cun médico especializado. Na media xeral, os galegos esperan 12 días máis, de media, para poder acceder a este tipo de consultas fronte a hai un ano e 13 días máis con respecto a decembro de 2019, antes da pandemia.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta.    / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta