Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2022 | Actualizada ás 11:12
Os ingresados diagnostigados de covid-19 en Galicia creceron nunha vintena ao longo do fin de semana, ata os 175 en total, mentres os casos activos baixan en case 200, ata situarse nos 1.711.
No que respecta á presión hospitalaria, de acordo con datos publicados este luns pola Consellería de Sanidade, actualizados ás 18,00 horas do domingo, soben tanto os pacientes covid en planta --21 máis, ata os 171-- como os que están en unidades de coidados intensivos --un máis, ata os catro--.
Por áreas sanitarias, tan só descenden os ingresados na de Lugo-A Mariña-Monforte, que contabiliza 14 enfermos de covid nos seus hospitais, un menos que nos datos do venres --últimos dispoñibles--.
No resto de áreas, soben. Na da Coruña-Cee, hai 53 pacientes hospitalizados (+6). Séguenlle, aínda que de lonxe, a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras con 25 (+1), a de Vigo con 23 (+4), a de Santiago-Barbanza con outros 23 (+6), a de Pontevedra-O Salnés con 25 (+1) e a de Ferrol con 16 (+2).
CASOS ACTIVOS E CONTAXIOS
Mentres tanto, os casos activos descenden en 186 ata situarse en 1.711. Todas as áreas sanitarias rexistran un forte descenso, pero a de Ourense segue como a que máis enfermos de coronavirus ten, con 364 (-60).
A da Coruña contabiliza 315 persoas con covid actualmente (-17), a de Vigo 260 (-22), a de Santiago 258 (-28), a de Lugo 197 (-23), a de Ferrol 164 (-11) e a de Pontevedra 149 (-25). A todos eles hai que sumar catro casos activos sen distrito asignado.
Todo iso despois de que, ao longo do fin de semana, Sanidade detectase outros 136 positivos novos en covid-19, dos que 63 foron nas últimas 24 horas. Por áreas, a da Coruña foi a que máis contaxios detectou, con 28 desde o venres. Séguenlle Ourense (25), Santiago (22), Lugo (20), Vigo (19), Ferrol (13) e Pontevedra (9).
Ademais, en todo o fin de semana recibiron o alta 322 persoas e as mortes oficiais contabilizadas polo Sergas continúan en 3.952, ao non notificar falecementos nos últimos días.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.