Como controlar a diabetes, que afecta xa a un de cada sete españois

Os especialistas dan consellos no Día da Diabetes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A prevención e o diagnóstico precoz son os puntos crave para tratar de frear a diabetes, unha enfermidade "que vai en aumento", segundo indicou o xefe do servizo da área de endocrinoloxía e nutrición da área Sanitaria de Santiago, Miguel Ángel Martínez Olmos, no marco do Día da Diabetes.

Os datos da Federación Internacional da Diabetes (IDF) indican que a prevalencia da diabetes en España alcanzou o 14,8% da poboación. Así, esta enfermidade afecta a un de cada sete adultos e é a segunda taxa máis alta de Europa.

Nesta liña, Martínez Olmos sinalou este luns en Santiago de Compostela que "a tendencia en Galicia é similar á do conxunto estatal e os países da nosa contorna". Tamén explicou que "a diabetes vai aumentando porque o tipo de diabetes maioritario, o tipo 2, vai paralelo á situación de obesidade que hai na nosa sociedade".

Os datos da IDF mostran que en España, o 80% de pacientes diagnosticadas con diabetes son de tipo 2 e considérase que moitas persoas non o saben ou non foron diagnosticadas aínda.

Así mesmo, insistiu en que parte do traballo nesta liña é "profundar na situación de diagnóstico precoz para que as persoas que teñen predisposición non cheguen a ser diabéticos ou o sexan o máis tarde posible". Deste xeito, resaltou que a prevención "ten que ver, sobre todo, cuns hábitos saudables" e que isto "implica ás institucións e á sociedade de forma global".

Proba da glicosa, diabetes, e glucómetro
Proba da glicosa, diabetes, e glucómetro | Fonte: OMS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta