Máis de 1.100 incidencias durante a pasada fin de semana que coincidiu co Fin de Ano

As emerxencias máis frecuentes foron as inundacións en vivendas e as incidencias relacionadas coas estradas, provocadas na súa maioría pola caída de árbores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2023 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou durante o fin de semana de Fin de ano un total de 1.164 incidencias, a maioría delas (591) este sábado, 31 de decembro, provocadas polo temporal que arrasou a comunidade con intensas choivas.

As emerxencias máis frecuentes foron as inundacións en vivendas e as incidencias relacionadas coas estradas, provocadas na súa maioría pola caída de árbores. A provincia máis castigada pola choiva foi a da Coruña, con 432 incidencias. Seguida de Pontevedra (378), Lugo (207) e Ourense (146).

Un dos puntos nos que máis alertas se rexistraron este fin de semana debido ao temporal foi a cidade de Vigo. Alí, a sala de comunicacións do 092 da Policía Local rexistrou, desde as 07,26 horas do pasado venres, 30 de decembro, un total de 151 incidencias.

Segundo fontes policiais, todas elas producíronse por caídas de árbores e valos, desprazamentos de sumidoiros, a aparición de colectores en plena vía e balsas de auga que se desenvolveron en diversos puntos da cidade olívica.

71 INTERVENCIÓNS NA CIDADE DA CORUÑA

Pola súa banda, a Policía Local da Coruña tivo que realizar este sábado, 31 de decembro, 71 intervencións debido ás fortes choivas. Entre as incidencias atopáronse caídas de árbores, lonas e valos, o desprendemento dun muro na rúa Adelaida, ademais da entrada de auga a unha vivenda da rúa Marola.

En Ourense, a Policía Local cortou ao tráfico no Túnel de Bobadela durante a tarde deste domingo, 1 de xaneiro, tras quedar alagado. Así mesmo, fontes policiais aseguraron que varias pedras da ladeira caeron sobre a calzada na zona do Río Arnoia e que, no parque de San Lázaro, caeu o valado da zona de obras.

A Policía Local de Ourense tamén informou, a través dun comunicado, do desprendemento de parte dun muro na rúa Basilio Alvarez, zona que tivo que ser acordoada, así como da caída dunha árbore na estrada de Castro de Beiro e dun cedro de grandes dimensións nos xardíns de Pai Feijóo. A árbore, segundo técnicos municipais, estaba "en perfecto estado" e a súa caída obedece á humidade do terreo e ao forte vento rexistrado.

En Santiago, o aire causou a caída dunhas luces de Nadal na Rúa de San Roque sobre un vehículo, ao que lle ocasionaron danos, así como o desprazamento colectores de lixo en cálea Romeu Donallo, que tamén danaron un coche. Na parroquia de Enfesta, a caída dun arbol ocasionou o corte dunha estrada.

Ademais, na capital galega houbo outras incidencias motivadas por caída de árbores, como uno fronte ao colexio Santiago Apóstolo, ou outro na rotonda do Cruceiro da Coruña, que danou cableado de Telefónica e derrubou catro postes.

CINCO ESTRADAS PROVINCIAIS CORTADAS EN LUGO

Pola súa banda, a Deputación de Lugo está a traballar no cinco estradas provinciais que quedaron danadas polas fortes choivas para poder restablecer o tráfico "canto antes". Estas estradas son a LU-P-0408, que conecta os concellos lucenses de Fonsagrada e Baleira, a súa continuación, a LU-P-0405, que vai ata a parroquia de Fonteo en Baleira; a LU-P-1611, que conecta Maceda (Ourense) e Veiga (Lugo); e a LU-P-1801, en Carballedo.

Ademais, a Deputación de Lugo continúa traballando no arranxo da LU-P-1706, de Castro de Rei a Cospeito, á altura de Pontello dos Lobos, que sufriu danos durante o temporal que arrasou Galicia hai pouco máis dunha semana.

Precisamente, na provincia de Lugo, un dos concellos máis afectados polas fortes choivas deste fin de semana foi o de Ferreira de Pantón, que permaneceu incomunicado por estrada na tarde e noite deste domingo.

O alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, confirmou a Europa Press o alagamento na Nacional-120 á altura de Canaval, na estrada de Pantón a Moreda, "á beira do balneario". Tamén deu conta dunha estrada do concello que segue "cortada, con máis dun metro de auga, e que aínda non é transitable".

"Isto débese a que, nalgún caso, as pontes non son para moito caudal, pero no momento que baixa a maleza e se instala debaixo da ponte a auga non ten por onde pasar e sobe por encima das pontes", acreditou. Son varias as canles fluviais que pasan por este municipio do sur da provincia de Lugo: o río Miño, o Sil e o Cabe, ademais de afluentes como os ríos Carabelos e Ferreira, entre outros.

"Houbo moita choiva, aquí os ríos non se limpan. Danlle aos ríos o mesmo aprecio que se fose en Salamanca ou Andalucía. Os ríos levaban moita maleza e houbo un problema grave de inundacións, porque os ríos non contiñan tanta auga", apostilou o rexedor.

PLAN INUNGAL

As fortes choivas dos últimos días fixeron que a Xunta de Galicia manteña activado o Plan Inungal en fase de preemerxencia ante a posibilidade de desbordamentos en varios ríos. Nestes momentos, as estacións das redes de aforamentos de Augas de Galicia que superan o nivel de desbordamento son as dos ríos Lérez e Oitavén.

Segundo informou o 112 Galicia, na conca do Miño Sil supéranse os limiares de prealerta ou alerta nas estacións de aforamento dos ríos Ladra, Neira, Miño, Avia, Arnoia, Deva, Tea, Louro e Limia. Tamén nas concas do Cantábrico e do Douro superáronse os limiares de prealerta ou alerta no río Támega.

Desde Emerxencias 112 Galicia indicaron que a predición meteorolóxica e hidrolóxica "fai prever que o nivel dos ríos vaia descendendo lentamente" aínda que se recomenda "adoptar as medidas de auto protección necesarias".

Club Náutico de Portomarin, cos baixos alagados polas augas do Río Miño, a 2 de xaneiro de 2023.. Carlos Castro - Europa Press
Club Náutico de Portomarin, cos baixos alagados polas augas do Río Miño, a 2 de xaneiro de 2023.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta