Por Europa Press / Redacción | Galicia | 20/03/2023 | Actualizada ás 15:46
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, anunciou que a organización se mobilizará o vindeiro mércores 29 contra a "regresiva" reforma das pensións, cuxa aprobación está prevista para o día seguinte no Congreso.
"Mans arriba isto é un atraco" e "si ou si" foron expresións que serviron ao líder desta central sindical nacionalista para definir en rolda de prensa as formas con que se vai a sacar adiante esta modificación. Unha modificación pola que Carril cargou contra o Goberno central, ao equiparalo cun "de dereitas" por seguir os "ditados neoliberais", pero tamén contra UGT e CC.OO., por apoialo.
Aínda que "elimina algún aspecto lesivo", o portavoz da CIG advertiu de que esta reforma das pensións é "lesiva". "É mala aínda que non teñamos a peor versión", resumiu. Ademais, incidiu en que sairá adiante en "un contexto" no que xa se acometeron dúas reformas, cunha das cales "non se garante o poder adquisitivo das pensións porque se vai ao IPC medio" e con outra que "privatiza o sistema" a través de plans de pensións.
Agora, "a proposta encima da mesa amplía aos 29 o período de cálculo", o que "profunda na caída progresiva das pensións, entre un 15% e 18%" segundo os cálculos da CIG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.