Alugar un piso en Galicia é un 6,4% máis caro que hai un ano

Baixa con respecto a meses anteriores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2023 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda en aluguer en Galicia baixou un 1,2% na súa variación mensual e subiu un 6,4% en evolución interanual, o que situou o seu prezo en 8,46 euros por metro cadrado ao mes en agosto, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa.

No conxunto estatal, o prezo da vivenda en aluguer en España situouse en 11,34 euros por metro cadrado no mes de agosto, cifra un 4,7% superior á do mesmo mes de 2022, pero un 2,2% inferior ao do mes anterior, co que xa encadea catro meses consecutivos de descensos.

"Durante o mes de agosto, o prezo do aluguer a nivel nacional segue mostrando unha leve tendencia cara á moderación do crecemento tras mostrar as variacións máis significativas da súa historia nos pasados meses", afirmou a directora de Estudos e portavoz de Fotocasa, María Mato.

Con todo, Mato advertiu de que o prezo medio a nivel estatal "non mostra a realidade das comunidades máis tensionadas, que continúan con crecementos moi avultados a pesar da tempada estival". De feito, segundo Fotocasa, 16 das 50 capitais de provincia volveron marcar rexistro de prezos en agosto.

"A demanda está a se retardar nas zonas onde habitualmente a demanda é menos intensa, pero segue dinámica e forte nas cidades que atraen cada vez a máis poboación, o que ocasiona incrementos de dous díxitos no arrendamento", explicou.

Cartel de alugueiro dun piso
Cartel de alugueiro dun piso | Fonte: Europa Press

De acordo cos datos de Fotocasa, 16 comunidades autónomas elevaron o prezo do aluguer en agosto en taxa interanual. En seis zonas superáronse os dous díxitos, con Baleares á cabeza (+22,1%). Séguenlle Canarias (+18%), Comunidade Valenciana (+15%), Cantabria (+12,9%), A Rioxa (+12,5%) e País Vasco (+10,4%).

Xa por baixo dos dous díxitos de incremento aparecen Madrid (+9,5%), Andalucía (+7,8%), Cataluña (+6,5%), Galicia (+6,4%), Castela e León (+5,4%), Navarra (+5,1%), Castela-A Mancha e Asturias (+5% en ambos os casos), Aragón (+1,8%) e Murcia (+1,2%). Pola súa banda, a única comunidade onde baixaron os prezos respecto de agosto de 2022 foi Estremadura, cun retroceso do 1%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta