Críticas da CIG á OPE en Educación "sen previa negociación" e por non responder "as necesidades" educativas

O sindicato apunta que se producirá "incremento cero de postos de traballo" e afirma que "non se cubrirá a taxa de reposición".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2023 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

A CIG criticou este xoves a convocatoria de 1.750 prazas para educación o próximo ano, segundo anunciou o presidente autonómico, asegurando que a oferta se aprobou "sen previa negociación" e alegando que a cifra "non dá resposta ás necesidades" do sector.

O anuncio desta OPE, explicaron nun comunicado, "vén precedido dun informe" feito público pola CIG-Ensino o pasado luns, "no que se evidenciaba o incumprimento dos obxectivos fixados pola administración educativa para reducir a temporalidade entre o profesorado".

Coas cifras "impostas pola Xunta, sen mediar negociación algunha", e á espera de coñecer tanto as cifras oficiais de xubilacións de 2022 e de 2023, o sindicato apunta que se producirá "incremento cero de postos de traballo" e afirma que "non se cubrirá a taxa de reposición".

Trátase, critica a CIG, dunha "OPE descompensada" na relación entre o profesorado interino existente nos diferentes corpos e a oferta anunciada. "Mentres no caso do corpo de mestres a oferta está próxima ao total de persoal interino (sen contar as mestras e mestres de Orientación), nos corpos de PES, EOI e PESSFP a proposta limítase ao 50% das prazas actualmente ocupadas por persoal interino", sosteñen. Finalmente, critican, "non se aposta por reducir a temporalidade como fixou como obxectivo a propia consellería".

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. / XOÁN CRESPO / Europa Press
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. / XOÁN CRESPO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta