Verín axuda a promover o 'Godello' da D.O. Monterrei

Faino apoiando unha campaña baixo o lema "Tempo de godello, tempo de Monterrei".

Por Galicia Confidencial | Verín | 22/12/2023 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O Concello de Verín colaborará coa Denominación de Orixe Monterrei instalando na Praza García Barbón un mural xigante coa súa nova imaxe promocional, a campaña “Tempo de godello, tempo de Monterrei”.

Brinde de autoridades co mural promocional de fondo. Foto: Prensa Concello de Verín.
Brinde de autoridades co mural promocional de fondo. Foto: Prensa Concello de Verín.

Durante os meses de duración da campaña, esta inciativa garante a consecución de máis de 30.000 impactos, co que a institución verinesa quere colaborar cun sector fundamental na comarca, do que é partícipe aspira a ser o seu principal escaparate.

MONTERREI, TERRA DE GODELLO

Esta campaña destaca como o territorio, situado no sueste da provincia de Ourense e á beira do río Támega, está bañado polas cores do viño, a historia e a gastronomía. Os restos arqueolóxicos atopados na comarca, como lagares, lagares e vasos de orixe romana, mostran as fortes raíces da viticultura en Monterrei.

D.O. Monterrei, a máis nova de Galicia pero con máis de 2000 anos de tradición vitícola

Unha viticultura histórica, pero con gran proxección de futuro: a diversidade de solos e microclimas nas ladeiras dan como resultado viños de carácter distintivo, diferenciados e complexos, que rapidamente deron gran sona aos viños da súa Denominación de Orixe, a máis nova de Galicia, aínda que con máis de 2000 anos de tradición vitícola.

Nesta zona, a uva Godello é a variedade branca máis abundante e o viño moi elegante, afroitado, glicérico e con corpo, elaborado en pequenas adegas que combinan tradición e modernidade cun profundo respecto polo medio ambiente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta