Os descontos do AVE axitan a política galega

O presidente galego quéixase dos "incumprimentos" que sufriu Galicia e o BNG di que a medida non soluciona os problemas ferroviarios do país. A Asociación de Usuarios de Media Distancia pide "un canal propio para aboados, con acceso a prazas baleiras last minute".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O operador ferroviario Renfe puxo á venda este xoves billetes de AVE entre Galicia e Madrid a 18 euros, para viaxar a partir do 21 de maio. Unha iniciativa que se adopta tras os atrasos na posta en marcha dos trens Avril que para PP e BNG é un "parche". Pola súa banda, os usuarios habituais da Media Distancia piden un canal propio para coller billetes.

Renfe incorpora dous trens AVE máis entre Madrid e Sevilla a partir do 23 de xaneiro.. RENFE - Arquivo
Renfe incorpora dous trens AVE máis entre Madrid e Sevilla a partir do 23 de xaneiro.. RENFE - Arquivo

Segundo datos da compañía, Renfe puxo á venda este xoves 39.000 billetes semanais nos servizos de Alta Velocidade desde Madrid a Galicia (Vigo, A Coruña, Santiago), moitos deles cun prezo de 18 euros. Os traxectos comezarán a circular a partir do 21 de maio mediante os novos trens S106 do fabricante Talgo, que contan con máis de 500 prazas. 

PP PIDE CUMPRIR COMPROMISOS

Tanto populares como socialistas saudaron esta medida pero cren que non solventa os problemas ferroviarios que existen en Galicia. Así, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deu a "benvida" a este desconto, aínda que insistiu en demandar información directa do Ministerio e que se cumpran os "compromisos" relativos ao incremento de prazas e frecuencias.

"A min o ministro (Óscar Puente) díxome o sábado que as prazas ían pasar de 800.000 a 2 millóns. Se é así, é unha boa noticia, e apláudoo, pero necesitamos detalles", reivindicou, antes de lembrar que as demandas para cubrir as necesidades ferroviarias de Galicia son coñecidas, no que respecta a máis trens e frecuencias.

BNG RECLAMA PLANIFICACIÓN EFECTIVA

Pola súa banda, o BNG o BNG rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno central unha "planificación efectiva" e unha programación das frecuencias e servizos dos trens Avril a Galicia, así como unha política tarifaria para as "maiorías sociais".

"Non serve de nada que agora anuncien billetes a 18 euros se isto é só promocional temporal e, sobre todo, se non se resolven os prezos abusivos que Renfe está a manter nos Alvia e mesmo nos Avant. Por tanto, hai que cambiar esa política tarifaria para facela accesible ao conxunto da sociedade", apuntou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

USUARIOS

Na actualidade xa están dispoñibles estes billetes na  web de Renfe. O operador ferroviario suliñaba a primeir ahora da mañán deste xoves que non se detectaron incidencias no funcionamento da páxina, como si ocorreu noutras ocasións. Pola contra, moitos usuarios crtican longas esperas para coller billete.

A Asociación de Usuarios de Tren Media Distancia aplauden tamén estes descontos pero piden máis medidas. "Mellor que outras veces pero non llevemos a utilidade/oportunidade de tensionar as canles dixitais poñendo a venda longa distancia e aboados ata xullo o mesmo dia, nen a actualizar onte a version app", apunta.

Fontes da asociación din que a xornada transcurriu "con certa normalidade". "Para nós hai marxe de mellora en web e app e unha solucion que puxemos sobre a mesa foi ter un canal propio para aboados, con acceso a prAzas baleiras last minute", indica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta