A alianza do PP con Martínez recorta poder ao goberno de PSOE e BNG

O alcalde de Becerreá advirte que non pensa dimitir malia ser expulsado do PSOE por transfuguismo. No pleno deste mares manobrou para reforzar o seu papel en detrimento da coalición de goberno da Deputación de Lugo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/11/2015 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O deputado provincial Manuel Martínez mantivo hoxe a súa estratexia de chegar a pactos co PP, deixando en minoría ao goberno provincial da Deputación de Lugo (PSOE + BNG). O alcalde de Becerreá mostrase firme así na súa postura, malia a súa expulsión provisional do partido e definitiva do grupo na Deputación. 

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá | Fonte: Antena3

Os conservadores e Martínez aliáronse para cambiar o regulamento interno, arrebatándolle competencias a actual xunta de goberno. Nunha clara estratexia de reforzar o seu pacto, o PP votou a prol dunha iniciativa do polémico alcalde que dálle máis dereitos aos deputados non adscritos.  "En vista da situación que se aveciña presentei a emenda porque ía ter serias dificultades para acceder á documentación ao ser o único deputado non adscrito e ter que compatibilizalo co meu posto na docencia", argumentou o alcalde. 

O conflito entre o acusado de transfuguismo e o Bloque continuou. Martínez pediu a palabra durante o debate dunha moción dos nacionalistas. Cando, aplicando o regulamente, se lle negou a intervención, o ex-militante do PSOE abandonou o pleno.

Antes da reunión o político fixo declaracións para desvincular as súa alianza cos conservadoras das medidas adoptadas contra el polo PSOE.  De feito, esgrimiu un discurso  gabando o sentimento socialista.

“Ser socialista é un sentimento e ese sentimento obviamente non vai quitarmo ninguén, nin esta terceira xeración de socialistas nin os que veñan no futuro”, declarou. Martínez confirmou a súa intención de recorrer as dúas expulsións, a do grupo e a do partido. Sobre os prazos, dixo que aínda non asinou o recibí de ningunha das dúas comunicacións.

Reunión secretas entre Manuel Martínez e Elena Candia nunha gasolinera do Corgo
Reunión secretas entre Manuel Martínez e Elena Candia nunha gasolinera do Corgo

As súas palabras para os seus ex-compañeiros foron durísimas. Cualificounos de “personas que eu tiña por decentes” e argumentou que están a demostrar que non teñen altura política.

Así as cousas a Deputación encamíñase a unha lexislatura na que PSOE e BNG terán que apandar cos pactos de Martínez co PP, pois o alcalde de Becerreá confirmou hoxe que a súa intención é non deixar o posto aínda que perda a militancia definitivamente no PSOE. En todo caso, a alianza dos conservadores co ex-socialista non ten forza dabondo para gañar unha hipotética nova moción de censura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

Estaría ben que alguén nos esplicara aos cidadans quén escolle e nomea a estos Diputados, pois que eu sepa non se fan eleccions á Diputación. Si os nomean, a dedo, os partidos tamén poderán desnomealos ao non estar xa no partido. Si os cidadans nunca entendimos a utilidade de estos entes, aparte de saquear as arcas públicas e dar traballo a amigos, familiares e militantes menos entendemos os criterios pa nomear a alcaldes ou concejales como diputados e como non poden ser destituidos si foron elexidos a dedo e non en urna. De todolos xeitos os políticos sempre viviron alleos o mundo real dos cidadans, dende o momento que tocan poder. Asi nos vai.