Mareas e Bloque ven máis preto unha coalición de goberno

Tanto as mareas como o Bloque están a recibir cos brazos abertos a Xaquín Fernández Leiceaga como novo líder dos socialistas galegos. Na súa opinión, a derrota de José Luís Méndez Romeu dá folgos a unha posíbel coalición de goberno na Xunta. Feijóo, pola contra, non parece tan contento.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/05/2016 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Así, por exemplo, o alcalde de Santiago e un dos principais referentes públicas asegurou hoxe que “o pasado sábado o PSOE tomou unha posición que pode facilitar un cambio de goberno”. Martiño Noriega, de ANOVA, aplaude a chegada de Leiceaga como un paso máis para “derrubar ao PP”.

Xaquín Fernández Leiceaga na sede do PSdeG
Xaquín Fernández Leiceaga na sede do PSdeG | Fonte: infolibre.com

Unha mensaxe similar lánzase dende o Bloque. O seu voceiro parlamentar declarou hoxe que “o BNG ten a convicción de que na vindeira lexislatura autonómica haberá cambio de goberno se ese cambio é froito de un acordo entre tres patas”. Francisco Jorquera aludiu claramente a posibilidade dun goberno tripartito entre PSOE, Bloque e En Marea.

Quen non parece estar tan contento co resultado das primarias socialistas é Alberto Nuñez Feijóo. O presidente desfíxose en eloxios para Méndez Romeu, quen dimitiu hoxe como voceiro parlamentar. Feijóo considera que o PSOE perde un excelente voceiro, pola súa valía dialéctica e experiencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

2 Tarde Piaches

¿O bloque? Sí, para dar tabaco

1 Sesese

Desaparecida a socialdemócracia con opcions de goberno en galicia a dereita o ten mais facil