As exportacións galegas soben un 4% en xullo

Galicia exportou bens por 2.609 millóns de euros en xullo, un 4% máis que no mesmo mes de 2024, segundo os datos publicados por Instituto Galego de Estatística (IGE) este martes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/09/2025 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Galicia exportou bens por 2.609 millóns de euros en xullo, un 4% máis que no mesmo mes de 2024, segundo os datos publicados por Instituto Galego de Estatística (IGE) este martes. Este incremento é medio punto maior ao avance do 3,5% na media das exportacións do país, cun valor de 34.418,9 millóns de euros.

No acumulado do ano, entre xaneiro e xullo, as vendas ao exterior de Galicia suman 18.209,7 millóns, un 1,1% máis que no mesmo período de 2024. Neste caso son tres décimas menos que o 1,4% de avance no Estado, con 231.569,8 millóns.

No mes de xullo, os automóbiles son os que rexistran maior alza de exportacións, do 5,7%, seguida de conservas e produtos químicos. En cambio, as vendas de barcos caeron dous puntos. No conxunto do ano, o mellor comportamento tamén é o dos vehículos (+2,1 puntos), coa influencia máis negativa en combustibles (-1,3 puntos).

Hai unha subida de exportacións no sétimo mes a países como Francia, Alemaña e Países Baixos, cunha alza de 4 puntos entres o tres. En cambio, hai un esborralle do 56% nas vendas a Estados Unidos en xullo, que se contraen ata só uns 38 millóns de euros este mes, nun contexto de política arancelaria americana.

No tocante a importacións, aumentan un 7,8% na comunidade galega en xullo, con 1.866 millóns. Acumula 12.480,7 millóns no que vai de ano (+2,9%), o que arroxa un saldo positivo da balanza comercial galega de 5.729 millóns, o que se traduce nunha taxa de cobertura do 145,9% (é do 88,8% en España).


Traballadores da planta de Vigo de Grupo PSA producindo un vehículo / Europa Press / Europa Press
Traballadores da planta de Vigo de Grupo PSA producindo un vehículo / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta