O PPdeG acode á Defensora do Pobo Europeo para conseguir o expediente da AP-9

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2025 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O eurodeputado do PPdeG Adrián Vázquez solicitou á Defensora do Pobo Europeo que medie para conseguir o expediente aberto pola Comisión Europea en relación coa xestión da AP-9. Tal e como trasladaron os populares nunha nota de prensa, Vázquez realizoulle a consulta a Teresa Anjinho durante a celebración da Comisión de Asuntos Xurídicos do Parlamento Europeo e tamén por escrito, e a Defensora do Pobo Europeo comprometeuse a analizalo.

"En Galicia temos unha situación complexa coa AP-9, unha autoestrada sobre a que levamos anos desde o Goberno autonómico esixindo ao Goberno central que nos explique que alegacións presentou á Comisión Europea, por agora sen resposta", expuxo o eurodeputado popular.

Así, o Adrián Vázquez explicou que o PPdeG xa solicitou recentemente á Comisión Europea que achegase esa información, dado que, engadiu, "o Goberno de Sánchez non a quere dar". "E por iso desexamos en que polo menos sexa vostede quen esixa á Comisión que o Goberno galego saiba en que situación está a AP-9, que é o que dixo o Goberno de España e cal é a resposta das institucións europeas", pediulle o eurodeputado galego a modo de mediación.

Pola súa banda, a responsable autonómica de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reprochou que este expediente se instrúe desde fai seis anos e o Executivo galego non sabe "absolutamente nada, a pesar de que Galicia é parte implicada".

O eurodeputado do PPdeG Adrián Vázquez
O eurodeputado do PPdeG Adrián Vázquez | Fonte: PPDEG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta