Sabes cales son as novas medidas da UE para evitar novas mareas de pláticos como as dos pélets en Galicia?

Con todo, as disposición non entrarán en vigor ata entre dous e tres anos.

Por Europa Press / Redacción | BRUSELAS | 23/10/2025 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O Parlamento Europeo deu este xoves luz verde final á nova normativa para previr verteduras de pélets de plástico como o que afectou as costas galegas en xaneiro de 2024, do que España se valeu para forzar a inclusión do sector marítimo no alcance da regulación, algo que non estaba previsto na proposta inicial exposta pola Comisión Europea.

Os lexisladores asinarán agora o texto adoptado, que entrará en vigor 20 días despois da súa publicación no Diario Oficial da UE, aínda que as súas disposicións non se aplicarán ata dous anos despois da súa entrada en vigor e tres anos no caso do transporte marítimo.

As novas normas aplicaranse a todos os operadores que manipulen máis de cinco toneladas de pélets de plástico na UE e esixirán ás entidades que adopten medidas específicas para evitar perdas. Tamén afectarán a todos os transportistas da UE e de fóra da UE que utilicen estradas, ferrocarrís ou vías navegables interiores, así como aos operadores marítimos que saian ou fagan escala nun porto dun país da UE.

Os operadores económicos tamén terán que establecer e aplicar un plan de xestión de riscos para cada instalación que manipule gránulos de plástico. Polo seu lado, o transporte marítimo deberá garantir que os péltes de plástico transportados por mar estean embalados en envases de boa calidade, o suficientemente resistentes e debidamente pechados para soportar as condicións normais de transporte, e que vaian acompañados de información clara sobre a carga e de solicitudes especiais de estiba.

Cando se produzan perdas fortuítas ou accidentais, os operadores económicos, os transportistas estarán obrigados a informar inmediatamente os servizos de emerxencia, a tomar todas as medidas posibles para minimizar as consecuencias e a previr novos incidentes.

Varios voluntarios recollen pellets na praia de Panxón / Javier Vázquez - Arquivo  / Europa Press
Varios voluntarios recollen pellets na praia de Panxón / Javier Vázquez - Arquivo / Europa Press

BNG E PSdeG

Os eurodeputados do BNG, Ana Miranda, e do PSdeG, Nicolás González Casares, puxeron en valor a aprobación da nova normativa para previr verteduras de pélets de plástico como o que afectou as costas galegas en xaneiro de 2024.

Nun comunicado, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou a "gran importancia" que ten para Galicia que o Parlamento europeo aprobase esta normativa na que asegura que foi "fundamental" o traballo do BNG tras a vertedura do portacontedores Toconao en decembro de 2023, que afectou á costa galega, especialmente aos concellos de Ribeira e Muros.

Pola súa banda, o eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, celebrou a aprobación definitiva no Parlamento europeo deste regulamento ao considerar que se trata dun "avance moi importante para combater a contaminación por microplásticos e evitar que se repitan episodios como o que afectou ás costas galegas en 2023".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta