Feijóo sobre o cambio de fuso horario: “Eu non son portugués, son español”

O presidente da Xunta considera “ridículo” que no Estado existan varios fusos horarios diferentes e suliña que debe ser “único” para todos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2016 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

“Eu non son portugués, son español e non vou copiar un fuso horario diferente ao meu”. Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a posibilidade de que se cambie o fuso horario.

Feijóo no Consello da Xunta
Feijóo no Consello da Xunta

Esta proposta, defendida pola  Arhoe, a Comisión Nacional para a Racionalización de los Horarios, e asumida por C's no seu programa electoral, está comezando a abrir debates no conxunto do Estado. Hai uns días, o Parlamento balear aprobaba unha resolución na que pedía ao Executivo de Madrid que non se cambie a hora nas illas porque afecta ao turismo.

Neste sentido, e preguntado por GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo desbotou esta idea e insistiu en que “España debe ter un fuso horario único”. Así, criticou que os baleares ou algúns partidos galegos –en alusión ao BNG e Anova-- queiran ter horas diferentes ao do conxunto do Estado. “Non estou para nada de acordo”, insistiu.

Así, sinalou que España é un “pais mediano” da UE e que non se pode comparar con EE.UU ou Europa, onde hai distintos fusos horarios. “É ridículo que haxa fusos horarios diferentes nun país como o noso”, aclarou.

“Pódese estudar a nivel xeral”

Con todo, Feijóo non se opón a que se abra un debate sobre un cambio de hora en todo o Estado, tal e como propón Ciudadanos. Unha idea á que se sumou tamén o PSOE e tamén o propio PP. “Pódese estudar e se hai un debate que afecte ao conxunto do Estado, pois perfecto, pero outra cousa é dividir o país en fusos horarios. Xa me opuxen durante o bipartito e tamén me opoño agora”, concluíu.

Sobre esta cuestión, o científico Jorge Mira, nunha entrevista en GC, destacou que sería “irrelevante” cambiar o fuso horario actual e criticou aos “grupos de poder”, en alusión a Arhoe, pola súa insistencia en introducir esta cuestión na axenda dos partidos políticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

8 Tonto util

Este home esta ao servizo de Madrid, o benestar dos Galegos importalle un carallo.

7 Tonto as duas

Anda....negociados sin publicidad a medios de info. No está mal. http://www.santiagodecompostela.gal...

1 Tonto as duas

Y tienen unas audiencias cojonudas...que justifican por si solas 10.000 euros de negociado sin publicidad. Oh Si. https://www.youtube.com/channel/UC7...

6 jajajajajaja

Non ia comentar pero lévome rindo un bo rato grazas aos comentarios un e dous.... tendo en conta a que está caendo agradécese........uniformemos a idiotez

5 XanKaraLlás

Estamos a vivir coa hora dobremente distorsionada, afastada da verdadeira hora, que é a que marca o sol. Xa desde despois da guerra Franco decidiu termos a mesma hora que en Alemaña, por aquilo da amizade da España franquista coa Alemaña hitleriana, que tan decisiva fora no desenlace da guerra civil española. Despois, asombrosamente, non se cambiou nunca, nin sequera despois de termos aquí unha suposta (e falsa) democracia. Pero a isto hai que engadir que xa nos últimos tempos de Franco deulles por ter no verán unha hora aínda máis afastada da hora real. Así que vivimos na pura estupidez e aínda teñen que saír ba bo sos como Feijoo e outros máis defendendo expresamente o mantemento da irracionalidade establecida. E os par vos, sobre todo aquí, en Galicia, a seguir k-gando o voto nos mesmos de sempre. Somos burros e ademáis presumimos delo.

4 XanKaraLlás

Feijoo, como Rajoy, pensa niso de "¡Viva el vino!" Traga viño e logo, como din os cubanos, fala merda.